sábado, 24 de septiembre de 2011

Livin' On The Edge

Fai un par de días, escoitando a radio, Rock&Gol por suposto, unha canción chamou a miña atención. Era un tema que non destacaba só pola sua música, máis ben pola letra, polo significado do comenzo da canción, que dí así:

"There's something wrong with the world today"
"I don't know what it is"
"Something wrong whit your eyes"

"We're seeing things in a different way"
"And God knows it ain's His"
"It sure ain't no surprise"

"We're livin' on the Edge"

A letra completa coa traducción deixoa enlazada aquí para que comprovedes por vos mesmos de que vai. Letra

Inda que a maioria das veces non comprendo con facilidade o que dí a canción, esta chamou moito a miña atención, pola primeira estrofa, que dí unha verdade enorme.

Pois ben a canción chamase Livin' on the Edge (Vivindo o Límite) do grupo estadounidense de Rock n' roll Aerosmith, fundada en Boston, Massachusetts en 1970 é un dos grupos americanos con maior número de ventas de todos os tempos, con máis de 150 millóns de discos vendidos. Cun estilo onde mezcla o hard rock co blues, con elementos pop e incluso de heavy metal.

Pois ben, xuzgade vos mesmo canto de razón teñen ou non Aerosmith.




Neste podedes ver o video dunha actuación coa letra en español, pero o ser en directo a voz non é tan boa.

viernes, 23 de septiembre de 2011

Comandos de Ubuntu

Noutras entradas deste blog xa comentamos o uso do comando LS ou os distintos atallos de teclado tanto en Ubuntu como en Windows. Hoxe traiovos unha gran recopilación feita por www.guia-ubuntu.org onde nos mostra moitisimos comandos de Ubuntu coa sua explicación e algún exemplo para que sexa máis comprensible.


Normalmente currome moito máis as entradas que tan só poñer un enlace, pero nesta vexome incapáz de mellorar o que aquí está feito. Sen máis deixovos o link con todos os comandos, tremendamente útil. Comandos

Ademáis da información que podemos obter desta páxina, se sodes dos que vos gusta ter as cousas sempre a vista, creo que esto vos vai gustar, un cubo con todos os comandos básicos de Ubuntu, facil de montar e moi útil xD.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Versión VIII: The House of rising Sun

The House of rising Sun é unha canción folk estadounidense tamen chamada Rising Sun Blues, da que non se coñece o autor e que narra a historia de alguen que non tivo fortuna na cidade de Nova Orleans.

A versión máis coñecida é da do grupo The animals de 1964, grupo británico dos anos 60's, cun estilo blues eléctrico.




Flipante o vozarón do cantante, que contrasta coa sua cara de meniño.

martes, 20 de septiembre de 2011

Disco recomendable VII: Moment of Glory

Moment of Glory é un álbum grabado en directo e feito DVD no 2000 pola banda alemana de hard rock Scorpions, xunto a Orquesta Filarmónica de Berlín, e foi grabado na EXPO 2000 en Hannover, Alemania. O resultado é un son abraiante mezcla da forza de Scorpions e da instrumentación dunha das mellores filarmónicas do mundo.


Scorpions é a primeira banda de hard rock alemana, fundada en Hannover no ano 1965 e que inda seguen en activo, inda que por pouco tempo, xa que neste ano fan a sua derradeira xira arredor de todo o mundo.

Inda que este disco saese un pouco da tónica xeral dos discos que aquí propoñemos, a mezcla de cousas tan distintas como poden ser unha banda de rock e unha orquesta filarmónica producen algo tan fermoso como este disco, que máis que recomendable é imprescindible.


Neste directo aparecen grandes exitos e banda como o propio nome do álbum, "Moment of glory" , "Still loving you" ou a canción que vamos escoitar "Wind of Change"



E como xa é costume nestas entradas, a descarga do disco en MegaUpload: Disco

Disfutadeo

lunes, 19 de septiembre de 2011

Mas Sexy

Hoxe mostrovos un tema de rock en español seguramente descoñecido para a maioria, "Más Sexy", canción do grupo español COZ popular a finales dos 70's e comenzos dos 80's. Unha curiosa canción que escoitei nestes ultimos días, e ben merece a pena escoitala e botar unha risiña con ela.



Adicada especialmente o Sr. Odie, que me miraba con asombro cando intentaba explicarlla. :)

Se ben este tema pode ser curioso por como se toma en consideración as mulleres, sen entrarnos en opinións de ningún tipo, a seguinte canción deste grupo tan descoñecido é todo un himno da sociedade española, máis en concreto do xenero feminino, "Las chicas son Guerreras", o seu gran exito.



Para o Sr. Palas, que nola ten cantado ata a saciedade ;)

martes, 13 de septiembre de 2011

Disco recomendable VI: Led Zeppelin IV

Led Zepellin IV é o cuarto álbum da banda inglesa de rock Led Zeppelin, lanzado en 1971 e chamado asi pola carencia de título. A banda estaba formada polo guitarrista Jimmy Page considerado como un dos máis grandes, influintes e versátiles guitarristas da historia; polo baixista e teclista John Paul Jones considerado como un dos mellores da historia; o batería John Bonham considerado como un dos mellores baterias pola sua forma unica de tocar, moi distinta a da época, máis dura, a revista musical Gigwise incluiuno no primeiro posto dos 50 mellores baterias da historia; e por o cantante Robert Plant considerado por moitos uns dos mellores e máis influnites vocalistas da historia do rock.

Inda que poida parecer chiste, cada un dos membros da banda, no seu ámbito é considerado como un dos mellores da historia do rock e dos máis influintes. Isto debese en parte, a que inda hoxe, trinta anos despois da disolución da banda pola morte do bateria John Bonham, o grupo sigue sendo todo un referente no rock, e unha das bandas máis influintes da historia.


A ausencia de nome no disco comprendese facilmente con esta cita de Jimmy Page: "Rematamos fartos das reaccións sobre o tercer álbum, a xente dicindo que solamente éramos un montaxe. Así que dixemos: '¡Saquemos un álbum sen título!' De ese modo, a xente gustaralle ou nada".

O resultado superou as espectativas, converteuse no mellor álbum da banda e no cuarto máis vendido da historia según a RIAA (Recording Industry Association of America).

Esta obra de arte conten temas tan coñecidos da banda como Black Dog, Rock and Roll, ou a xenial canción de Stairway to Heaven, que comenza cunha fermosa balada e vai subindo ata conevertirse nunha explosión de enerxia co que moitos consideran o mellor solo da historia.

E como non, non podemos falar dela sen escoitala.



Por se sodes tan curiosos coma min, a letra traducida. Letra

E por último ó disco en descarga directa por MegaUpload. Disco

Quedan actualizados todos os discos recomendables coa sua descarga.

lunes, 12 de septiembre de 2011

¿Que é unha Base de Datos?

Unha Base de Datos (BD) é un almacén que nos permite gardar moreas de datos dunha forma ordeada para que os poidamos atopar e usar fácilmente. Podese definir como un conxunto de información relacionada entre si, que se atopa agrupada ou estructurada.

Dende o punto de vista da informática, a base de datos é un sistema formado por un conxunto de datos almaceados en discos que permiten o acceso directo a eles, e un conxunto de programas que manipulen ese conxunto de datos.

Un Sistema de Xestión de Base de Datos (SXBD) é un tipo de software moi específico, dedicado a servir como interfaz entre a base de datos, o usuario e as aplicacións necesarias para o funcionamento da BD.

Componse dunha linguaxe de definición de datos (LDD) que permite ós usuarios especificar os tipos de datos, estructuras e restriccións sobre os datos. E dunha linguaxe de manipulación de datos (LMD) que permite ós usuarios insertar, actualizar, borrar e recuperar datos.

A ventaxa de organizar os datos en bases de datos no canto de usar ficheiros ven dada por unha serie de mecanismos como os que explico a continuación:

Control sobre a redundancia: No SXBD os ficheiros están integrados, polo que non existen duplicados de datos salvo os estrictamente necesarios, logrando asi un gran aforro de almaceamento.

Consistencia de datos:  Controlando a redundancia datos reducimos en gran medida as inconsistencias de datos, xa que se temos o dato gardado só nun lugar, tan só temos que actualizalo nese lugar, no canto de ter que ir actualizando ese dato en cada ficheiro que aparecese.

Compartición de datos: O poder ter todos os datos dispoñibles na BD, calquer membro con autorización pode acceder a eles, no canto dos ficheiros que tan só quen os posue pode acceder.

Mantemento de estándares:  Gracias a integación de datos na BD é moito máis doado manter uns estándares nos datos almaceados. Poden establecerse sobre o formato dos datos para facilitar o intercambio, sobre a documentación, sobre os procedementos de actualización ou sobre as reglas de acceso.


Mellora na integridade dos datos: Refirese a validez e a consistencia dos datos almaceados. Normalmente expresase mediante restriccións ou reglas que non se poden violar.


Mellora na seguridade: A seguridade é a protección dos datos frente a usuarios non autorizados, existindo para eso no SXBD distintos tipos de usuario, con distintos tipos de autorizacións para traballar no SXBD e ter acceso os datos.


Mellora na accesibilidade ós datos: O SXBD proporciona linguaxes de consulta de datos, que permiten o usuario facer calquer tipo de consulta na base de datos sen que o programador teña que facer unha aplicación para esa tarea.


Mellora na productividade: O SXBD proporciona todas as rutinas básicas de manexo de ficheiros típicas dos programas de aplicación, este feito permite o programador centrarse mellor na función especifica requerida polos usuarios, sen ter que preocuparse polos detalles de implementación de baixo nivel.


Mellora no mantemento: Nos ficheiros as descripcións dos datos atopanse inmersos nos programas de aplicación que os manexan, isto implica que calquer pequeno cambio na estructura, ou na forma na que se almacenan en disco supón cambios importantes no programa.

Sen embargo, nos SXBD separanse as descripcións dos datos das aplicacións, independencia de datos, polo cal o mantemento e moitisimo máis doado.


Aumento da concurrencia: En ficheiros, se varios usuarios acceden a vez o mesmo ficheiro, é posible que o acceso interfira de modo que se perda información ou integridade. No caso dos SXBD isto non sucede, xa que xestiona o acceso concurrente e evita que sucedan problemas deste tipo.


Mellora no servicio de copias de seguridade: Nos sistemas de ficheiros, é o usuario quen se ten que encargar de facer copias de seguridade e de utilizar as copias se sucede algun fallo, perdendo asi os datos non gardados dende a ultima copia de seguridade. Os SXBD funcionan de modo que minimizan a cantidade de información perdida en caso de fallo.

Os SXBD presentan moitisimas ventaxas con respecto os sistemas de ficheiros, inda que tamen teñen as suas desventaxas:


Complexidade: Os SXBD son conxuntos de programas moi complexos cunha gran funcionalidade. É preciso comprender moi ben esta funcionalidade para realizar un bo uso deles.


Coste do equipamento adicional: O SXBD ou a mesma BD poden requerir moito almaceamento, ademáis, para ter as prestacións deseadas, necesitaremos unha maquina máis potente ou que tan só se dedique o SXBD. Esto fará que a implantación da base de datos sexa máis cara.


Vulneravilidade os fallos: O feito de que todos os datos estén centralizados no SXBD fai que o sistema sexa máis vulnerable a fallos. Por eso é imprencindible ter copias de seguridade.


Ata aquí a explicación do que é unha base de datos é un SXBD, noutras entregas profundizaremos inda máis no tema.