Se fai un tempo falabamos do cuarto disco de Led Zeppelin nesta entrada, e máis recientemente de quen foi John Bonham aquí. Hoxe mostrovos un video ben curioso dun concerto de Foo Fighters, banda americana creada en 1995 polo ex bateria de Nirvana Dave Grohl agora como cantante e guitarrista.
Neste video do concerto de Foo Fighters, estes xunto a dous dos membros de Led Zeppelin, o guitarrista Jimmy Page e o baixista John Paul Jones versionan a canción de "Rock and Roll" da banda inglesa. Con Dave Grohl a bateria emulando o gran Bonzo Bonham e o actual bateria de de Foo Fighters como vocalista, Taylor Hawkins.
Un luxazo escoitar a Jimmy Page e a John Paul Jones, e unha pena que non os acompañara Robert Plant.
Mostrando entradas con la etiqueta versión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta versión. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de octubre de 2011
jueves, 6 de octubre de 2011
Versión XI: I'm a believer
I'm a believer é unha canción composta e grabada polo cantante e compositor americano Neil Diamond pero popularizada en 1966 polo grupo tamén americano The Monkees (creado orixinalmente para unha comedia televisiva). Este tema versionado polos Monkees foi lider de ventas durante 7 semanas seguidas en 1966 e vendeu o redor de 10 millóns de copias en todo o mundo. Un temazo.
Pero se xa esta versión superou a orixinal, anos máis tarde no 2001 outro grupo americano, a banda de ska punk Smash Mouth realiuzou a sua propia versión deste tema, que apareceu na banda sonora da película de Shrek, e que incluiron nun álbum que levaba o nome da banda, co que conseguiron chegar o disco de ouro.
Actualmente, gracias o éxito das películas de Shrek, esta versión é a máis coñecida, dado o seu ritmo capaz de contaxiar a calquera que a escoite.
Para que poidades comprovar cal vos atrae máis, deixovos o enlace a versión de Neil Diamond.
Neil Diamond http://youtu.be/HpkF7x9_KYc

sábado, 1 de octubre de 2011
Versión X: Miña Terra Galega
Para celebrar a décima entrada sobre grandes versións, teño preparado un agasallo para todos vos, unha das mellores versións para todos aqueles que disfrutemos con esta lingua, a versión de Sweet Home Alabama, Miña Terra Galega de Siniestro Total.
Pois ben, comencemos por explicar que a canción en orixen, Sweet Home Alabama, foi composta en 1974 polo grupo estadounidense de hard rock Lynyrd Skynyrd , o grupo definitivo do rock sureño, cun estilo que fusiona a potencia do blues-rock cunha imaxen de rebeldia sureña e a forza do hard rock.
Esta canción xunto a Free Bird, que tamen pertence a Lynyrd Skynyrd, conforman dous dos maiores himnos da música popular americana.
O video de Free Bird, imprescindible escoitala, http://youtu.be/CkTQUtx818w
Despois de saber de onde ben este fermosisimo tema, que sen chegar a ser de Alabama, medio mundo a canta coa pasión que neles evoca o recordo do seu fogar, pasemos a versión de Siniestro Total, o porque e que significa.
Siniestro Total grupo galego de música punk-rock formado en Vigo, en 1984 versionaron a canción anterior cando o manager do grupo, nun concerto onde varios grupos versionaban a Lynyrd Skynyrd, deuse de conta de que a expresión "Miña Terra Galega" tiña as mesmas sílabas é a mesma acentuación de "Sweet Home Alabama".
A única similitude entre estas duas cancións é na estrofa onde dí na versión orixinal referinte a Alabama "where the sky is always blue" (donde o ceo é sempre azul), e onde se refire a Galicia "donde el cielo es siempre gris".
O periodista musical Jesús Ordovás, definiu este fermosisimo tema como "o canto a Galicia máis fermoso dende o Nós de Castelao" ou como "o himno non oficial de Galicia". Ou como esta outra definición "era como unha postal de Galicia, [..] como unha desas fotos coa Torre de Hércules, gaiteros e empanadas", con diversos símbolos de Galicia."
A canción estructurase facilmente en duas partes, na primeira falase dos esteoritipos galegos. Na segunda parte falase de todas as cousas que un emigrante bota de menos do fogar.
Un tema abraiante, capaz de facernos estremecer coa sua letra directa e sincera, que mellor que escoitalo.
Dedicado con moito cariño a quen me meteu o gusañillo pola música, unha aperta Félix!!
Pois ben, comencemos por explicar que a canción en orixen, Sweet Home Alabama, foi composta en 1974 polo grupo estadounidense de hard rock Lynyrd Skynyrd , o grupo definitivo do rock sureño, cun estilo que fusiona a potencia do blues-rock cunha imaxen de rebeldia sureña e a forza do hard rock.Esta canción xunto a Free Bird, que tamen pertence a Lynyrd Skynyrd, conforman dous dos maiores himnos da música popular americana.
O video de Free Bird, imprescindible escoitala, http://youtu.be/CkTQUtx818w
Despois de saber de onde ben este fermosisimo tema, que sen chegar a ser de Alabama, medio mundo a canta coa pasión que neles evoca o recordo do seu fogar, pasemos a versión de Siniestro Total, o porque e que significa.Siniestro Total grupo galego de música punk-rock formado en Vigo, en 1984 versionaron a canción anterior cando o manager do grupo, nun concerto onde varios grupos versionaban a Lynyrd Skynyrd, deuse de conta de que a expresión "Miña Terra Galega" tiña as mesmas sílabas é a mesma acentuación de "Sweet Home Alabama".
A única similitude entre estas duas cancións é na estrofa onde dí na versión orixinal referinte a Alabama "where the sky is always blue" (donde o ceo é sempre azul), e onde se refire a Galicia "donde el cielo es siempre gris".
O periodista musical Jesús Ordovás, definiu este fermosisimo tema como "o canto a Galicia máis fermoso dende o Nós de Castelao" ou como "o himno non oficial de Galicia". Ou como esta outra definición "era como unha postal de Galicia, [..] como unha desas fotos coa Torre de Hércules, gaiteros e empanadas", con diversos símbolos de Galicia."
A canción estructurase facilmente en duas partes, na primeira falase dos esteoritipos galegos. Na segunda parte falase de todas as cousas que un emigrante bota de menos do fogar.
Un tema abraiante, capaz de facernos estremecer coa sua letra directa e sincera, que mellor que escoitalo.
Dedicado con moito cariño a quen me meteu o gusañillo pola música, unha aperta Félix!!
miércoles, 28 de septiembre de 2011
Versión IX: Twist and Shout
Twist and Shout é unha canción escrita por Phil Medley e Bert Russell, e chamada orixinalmente Shake It Up, Baby. Interpretada por grupos como The Isley Brothers, The Mamas & the Papas, ou por The Tremeloes.
Pero a versión máis coñecida é a realizada por The Beatles, no seu álbum de debut Please Please Me en 1963. Álbum no que se grabaron dez cancións en dez horas, sendo esta a última para que John Lennon non quedara sen voz.
Que podemos dicir dos Beatles que non dixeramos xa nesta entrada: Disco recomendable III. Tan só escoitar este gran tema versionado por eles que nos invita a movernos sen parar, e que a maior parte do mundo o asocia directamente como unha das suas cancións máis coñecidas.

jueves, 22 de septiembre de 2011
Versión VIII: The House of rising Sun
The House of rising Sun é unha canción folk estadounidense tamen chamada Rising Sun Blues, da que non se coñece o autor e que narra a historia de alguen que non tivo fortuna na cidade de Nova Orleans.A versión máis coñecida é da do grupo The animals de 1964, grupo británico dos anos 60's, cun estilo blues eléctrico.
Flipante o vozarón do cantante, que contrasta coa sua cara de meniño.
lunes, 15 de agosto de 2011
Versión VII: Apocalyptica
Apocalyptica é unha banda de metal sinfónico formada en 1992 por catro violonchelistas formados na academia de música clásica Sibelius de Helsinki, Finlandia. Tras a marcha da banda dun deles, quedou formada por un trio de violonchelistas, Eicca Toppinen, Paavo Lötjönen, Perttu Kivilaakso, e un batería Mikko Sirén incorporado despois de que o grupo comprobase que o son da batería era o complemento ideal para os seus discos.
A banda naceu cando un grupo de amigos comenzaron a realizar versións das suas cancións favoritas por diversión, unicamente con violonchelos. Asi naceu esta banda que toca cancións de grupos de hard rock e heavy metal, tales como Metallica, Pantera, Slayer, Black Sabbath, Rammstein, Sepultura, Faith No More, Edvard Grieg ou David Bowie.
Persoalmente son un apaixoado deste tipo de versións, xa sexan tamen en violonchelos como da que falamos aquí, ou de grupos que se adican a facer versións, como cando falamos de Van Canto.
Pero deste grupazo sinto especial admiración, pareceme incrible que tan só cun instrumento, ou nos discos posteriores tamen coa batería, sexan capaces de facernos disfrutar de cancións tan coñecidas como o Enter Sand Man ou o Master of Puppets de Metallica, o Domination de Pantera, o Toxy City de System of a Down, o Hall of the Mountain King de Edvard Grieg, ou Stairway to Heaven de Led Zeppelin. (Temas enlazados a youtube)
E para mostrarvos de que estou falando, un par de videos de estos crack do violonchelo.
Nothing else matters
A actuación deste ano no Wacken
Deixovos o seu canle de youtube para que investiguedes nos seus temas, altamente recomendable. Apocalyptica
martes, 2 de agosto de 2011
Versión VI: Knocking On Heaven's Door
Unha das miñas versións favoritas sen lugar a dubida é este "Knocking on Heaven's Door" composta polo gandisimo músico e poeta americano Bob Dylan para a película Pat Garrett y Billy The Kid de 1973.
Versiónada polo grupo de hard rock americano Guns N' Roses, coa sua formación orixinal. No seu cuarto álbum, Use Your Illusion II, grabaron unha versión desta canción chegando a ser máis coñecida a sua adaptación que a orixinal.
Inda que Dylan sexa o autentico autor deste fermoso tema, para o meu gusto a versión neste caso supera a orixinal, e non se pode falar dela sen escoitala.
E como non, para facer a comparación a orixinal de Bob Dylan http://youtu.be/cJpB_AEZf6U

lunes, 25 de julio de 2011
Versión V: Daft Punk pola Trinity Orchestra
Daft Punk é un duo de música electronica formado polos franceses Homem-Christo e Thomas Bangalter, alcanzou gran popularidade co estilo House a finales dos 90 e continuou os anos seguintes usando un estilo algo máis tecno pop.

Coñecidisimos polos seus traxes en forma de robot e os seus excentricos concertos e videoclips onde mezclan elementos visuais coa música.
Hoxe mostrovos unha versión dun tema deles pola Trinity Orchestra, orquesta integrada por alumnos do Tinity College, a universidade de Dublín. Moi boa versión, inda que para o meu gusto o cantante era mellorable, o resto da orquesta xenial.
Deixovos o enlace a canción orixinal por se queredes comparar, e moitas gracias a Félix pola recomendación. http://youtu.be/y2fHQs_HG6Y

jueves, 21 de julio de 2011
Versión IV: All along the watchtower
All along the watch tower publicada no álbum John Wesley Harding de 1967, é unha canción composta por Bob Dylan, músico, cantante e poeta americano, unha das figuras máis importantes da música durante mais de cinco décadas, e considerado un dos compositores e músicos máis influintes e prolíficos do século XX.
É a canción que máis veces tocou (e continua tocando) Dylan en concerto, ademáis de ser unha das cancións máis versionadas da historia. Un tema que é unha clara denuncia da realidade social, onde "ten que haber unha saida".
Pero sen duda, a mellor versión desta canción está feita por Jimi Hendrix, guitarrista, cantante e compositor americano, e incluida no álbum Electric Ladyland de 1968. All along the watchtower, polo mellor guitarrista da historia do rock and roll, e considerada a mellor versión feita xamais.
Nada máis que dicir que escoitar a obra destes dou xenios, deixo a letra por se lle queredes botar un ollo. Letra.
E se queredes comparar coa orixinal, aqui vai a de Dylan. http://youtu.be/swbcFnkeMwE

viernes, 15 de julio de 2011
Versión III: Whiskey in the Jar
Whiskey in the Jar é unha canción tradicional irlandesa que conta en primeira persoa a historia dun bandido que é traicionado por unha muller. É unha das cancións irlandesas máis interpretadas e versionadas por artistas como The Dubliners, The Pogues, Roger Whittaker.
No ámbito da música rock foi versionada por Thin Lizzy en 1972, da que logo se realizaron diversas versións por grupos como U2, The Grateful Dead, Gary Moore ou Metallica (versión coa que gañou un premio Grammy, e que escoitaremos aqui).

viernes, 8 de julio de 2011
Versión II: Van Canto
Xa fai tempo, gracias a unha película sobre o festival alemán de heavy metal, o Wacken, e gracias tamen a darkbladelu, puiden descubrir unha banda alemana de metal A cappella, Van Canto.

Esta banda está composta por cinco vocalistas e un bateria, que ademáis de facer os seus propios temas tamen versionan cancións de grupos como Metallica, Manowar, Blind Guardian, Nightwish, Iron Maiden, Deep Purple ou Pantera.
Resulta impresionante que tan solo coa batería e as suas voces poidan emular cancións como as que vos mostro a continuación.
Se queredes ver algo máis deste curioso grupo, deixovos o seu canle de youtube. Van Canto

miércoles, 29 de junio de 2011
Versión con dous chelos
Comenza unha nova temática neste blog, versións de grandes cancións, curiosas e moi interesantes. Teño algunha que outra gardada na recamara, pero non me viria mal algunha recomendación.
Sen máis presentovos unha boa versión de Welcome to the Jungle de Guns N' Roses por dous rapaces (Sulic & Hauser) que interpretan esta coñecidisima canción con dous chelos.
Deixovos tamen o seu canal de video en youtube, 2CellosVEVO.
Gracias a @charlielocke9 pola recomendación. ;)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)