lunes, 15 de agosto de 2011

Versión VII: Apocalyptica


Apocalyptica é unha banda de metal sinfónico formada en 1992 por catro violonchelistas formados na academia de música clásica Sibelius de Helsinki, Finlandia. Tras a marcha da banda dun deles, quedou formada por un trio de violonchelistas, Eicca Toppinen, Paavo Lötjönen, Perttu Kivilaakso, e un batería Mikko Sirén incorporado despois de que o grupo comprobase que o son da batería era o complemento ideal para os seus discos.

A banda naceu cando un grupo de amigos comenzaron a realizar versións das suas cancións favoritas por diversión, unicamente con violonchelos. Asi naceu esta banda que toca cancións de grupos de hard rock e heavy metal, tales como Metallica, Pantera, Slayer, Black Sabbath, Rammstein, Sepultura, Faith No More, Edvard Grieg ou David Bowie.

Persoalmente son un apaixoado deste tipo de versións, xa sexan tamen en violonchelos como da que falamos aquí, ou de grupos que se adican a facer versións, como cando falamos de Van Canto.

Pero deste grupazo sinto especial admiración, pareceme incrible que tan só cun instrumento, ou nos discos posteriores tamen coa batería, sexan capaces de facernos disfrutar de cancións tan coñecidas como o Enter Sand Man ou o Master of Puppets de Metallica, o Domination de Pantera, o Toxy City de System of a Down, o Hall of the Mountain King de Edvard Grieg, ou Stairway to Heaven de Led Zeppelin. (Temas enlazados a youtube)

E para mostrarvos de que estou falando, un par de videos de estos crack do violonchelo.

Nothing else matters


A actuación deste ano no Wacken



Deixovos o seu canle de youtube para que investiguedes nos seus temas, altamente recomendable. Apocalyptica

2 comentarios:

  1. Yo me quedo con Path, de las suyas propias, Domination de Pantera, y también me gusta Refuse/resist de Sepultura, y de las versiones de Metallica me gusta Fade to Black.

    ResponderEliminar
  2. Me kedo con la version de Nothing else matters

    ResponderEliminar