lunes, 31 de octubre de 2011

Samhain

Nesta época na que a vispera do día dos Santos inocentes celebrase o Halloween, pola costume anglosaxona globaliza desmesuradamente. Costumes do halloween que moi ben nos explica Atryx no seu blog.

Pois ben o Samhain é unha festividade celta, na que na noite do 31 de outubro celebrase o fin da época de colleitas, e era considerado o inicio do novo Ano Celta. Deste punto parte a tradición anglosaxona do Halloween. Pero non podemos olvidar, que a nivel galego inda non fai moitos anos, tan so vos falo duns 30 ou 40 como moito, celebrabase en moitos pobos o Samhain, nesa época sen coñecemento da tradición anglosaxona e sen estar influenciada por ela.


A tradición nas nosas terras depende moito do lugar, pero o factor comun era a cabaza, que nalguns sitios tallabase e deixabase secar para usar como máscara, e noutros tan só se tallaba para facer unha pequena procesión con elas. Algo que a gran maioria descoñece, pero que se preguntades os vellos podedes ver que non todo ten que ser americanismos.

viernes, 28 de octubre de 2011

Cubo de Rubik

O Cubo de Rubik é un invento do escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernö Rubik que data de 1974 e que consiste nun rompecabezas mecánico, un cubo coas caras divididas en 9 cadrados do mesmo cor, e que se poden cambiar de posición. O obxetivo é colocar todos os cadrados do mesmo cor en cada cara do cubo.


O obxetivo de Ernö Rubik, lexos de construir un xoguete de entremento no que despois se convertiria, era o de axudar ós seus alumnos da facultade de arquitectura a obter unha mellor perspectiva visual en tres dimensións.

Inda que non foi pensado para ser un xogo, o seu éxito foi enorme a nivel mundial, xa que se estima que se venderon o redor de 400 millóns de cubos de rubik ou de imitacións. Cun mecanismo moi sinxelo que sorprende tanto mecanicamente, como pola complexidade das combinacions que se conseguen ó xirar as suas caras. Combinacións que dan un total de 43.252.003.274.489.856.000.

Existen moitas fórmulas para resolver as distintas situacións que se dan no cubo de Rubik, aquí as tendes para que practiquedes. Solucións

martes, 25 de octubre de 2011

Conectarse por wifi os servidores da FIC

Fai un par de días tiven a necesidade de conectame dende o meu portátil ós servidores da facultade de Informática de Coruña, xa que precisaba usar unha ferramenta que tan só estaba instalada nun dos laboratorios da FIC, laboratorio que estaba ó completo. Dado que os equipos da facultade teñen Windows e Ubuntu, mostrareivos como conectarse a calquera dos dous sistemas.

Para conectarme a miña conta de Ubuntu, dende o meu portatil (con Ubuntu instalado), usei o comando ssh, ademáis do meu nome de usuario e dun servidor en concreto (no meu caso o alba), todo xunto no seguite comando.

$ ssh nome.usuario@alba01.cc.fic.udc.es

Para acceder a sesión de Windows tiven que usar o comando rdesktop para conectarme dende un escritorio remoto, neste caso tan só precisamos o comando e o servidor o que queremos conectarnos, xa nos logearemos máis tarde na nosa conta. O comando sería o seguinte.

$ rdesktop alba01W.cc.fic.udc.es

O dicir o servidor alba01 quero dicir calquera deles, tan só cambiar polo servidor que precisemos.


viernes, 21 de octubre de 2011

The Phantom of the opera

The Phantom of the opera é unha canción da banda inglesa de Heavy metal Iron Maiden do ano 1980. Este grupo é considerado un dos máis importates do rock e dos máis influintes da historia do Heavy metal xunto a Black Sabbath.

Gracias a esta banda, e o exito que conseguiu, logrou resucitar o Heavy metal do seu letargo a finales dos 70's, onde o punk era a música predominante nesa época en Gran Bretaña, devido en gran parte a situación social.

Un autentico temazo, dos máis valorados polos fans, e que nunca falta nos directos. Disfutadeo.

jueves, 20 de octubre de 2011

The lumberjack

Hoxe mostrovos unha canción máis que curiosa, poderiamos dicir peculiar. Seguramente teñades visto facer solos con moitismos intrumentos, pero ¿algunha vez vichedes facer un solo cunha motoserra?.

Pois inda que parece que toleo, a pregunta é en serio, xa que o grupo americano de hard rock e heavy metal The Jackyl é coñecido sobre todo pola canción Lumberjack, onde o vocalista ameniza a canción con solos dunha motoserra. Efectuados de maneira maxistral.

Asi contado pode que non vos chame a atención, ou que pensedes que é unha tonteria, pero a motoserra dalle unha enorme forza a canción, convertindoa nun bo tema, e sobre todo moi simpático.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Torre de Hércules

A Torre de Hércules é un faro romano situado na cidade da Coruña. Data do século I, o que a convirte no faro romano máis antigo do mundo inda en funcionamento. Cos seus 68 metros de altura é o segundo faro máis alto de España, por detras do Faro de Chipiona. No 2009 foi declarada Pratrimonio da Humanidade pola UNESCO.


Fai uns días visitando a Torre de Hércules, un amigo preguntoume se sabia a lenda da torre, pero existen varias lendas da formación da torre e da cidade, velaquí as máis coñecidas.

Unha delas é que Hércules fillo de Zeus chegou en barca as costas que rodean a torre, e que alí enterrou a cabeza do xigante Gerión tras vencelo en combate.

A mitoloxía di que «houbo un xigante Chamado Gerión, rei de Brigantium, que obligaba os seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluindo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Gerión nunha gran pelea. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coronou cunha gran antorcha. Cerca de este túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persona que chegou foi unha muller chamada Cruña, Hércules puxolle a cidade este nome»

Os historiadores identificaron a torre como o lugar onde puido estar situada a Torre de Breogán, unha torre mitolóxica que aparece na mitoloxia irlandesa (no Leabhar Ghabhála Érenn), e dende onde Ith fillo de Breogán puido avistar as costas de Irlanda. As sospeitas veñen polo topónimo Brigantium, nome que recibia a cidade da Coruña, e que é posible que derive de Breogán.

martes, 18 de octubre de 2011

Canle de youtube

Para facilitar a visión dos videos que recollemos neste blog, poñemos a vosa disposición un canle de youtube, onde recollemos todos os videos que amosamos aqui. O canle queda enlazado a dereita do blog.

lunes, 17 de octubre de 2011

Rock and Roll versión en directo

Se fai un tempo falabamos do cuarto disco de Led Zeppelin nesta entrada, e máis recientemente de quen foi John Bonham aquí. Hoxe mostrovos un video ben curioso dun concerto de Foo Fighters, banda americana creada en 1995 polo ex bateria de Nirvana Dave Grohl agora como cantante e guitarrista.

Neste video do concerto de Foo Fighters, estes xunto a dous dos membros de Led Zeppelin, o guitarrista Jimmy Page e o baixista John Paul Jones versionan a canción de "Rock and Roll" da banda inglesa. Con Dave Grohl a bateria emulando o gran Bonzo Bonham e o actual bateria de de Foo Fighters como vocalista, Taylor Hawkins.

Un luxazo escoitar a Jimmy Page e a John Paul Jones, e unha pena que non os acompañara Robert Plant.

sábado, 15 de octubre de 2011

Misirlou

Misirlou é unha canción de 1962 de Dick Dale, un músico americano pionero do xénero surf rock coñecido como "o rei da guitarra surfera" e lider da banda Dick Dale & The Del-Tones

A revista Rolling Stone incluiuno na sua lista dos 100 mellores guitarristas da historia, e esta canción ben merece o posto.



¿Recoñecedela?. Así é, este tema aparece na banda sonora da película Pulp Fiction de Tarantino de 1994. Identifica automáticamente a película, sendo máis coñecida a canción pola sua participación na banda sonora.

jueves, 13 de octubre de 2011

Asasinato no Orient Express

Este verán puiden realizar algo que sempre se me atonxou facer, ler o libro da escritora inglesa Agatha Christie, Asasinato no Orient Express, durante varios viaxes de tren. Pode parecer algo trivial, pero provoca unha certa sensación de introducirse máis de cheo na novela, o movemento sobre as vias, e o saber que non estás nun lugar tan distinto do que se realiza a historia da novela ...

Unha obra magnifica, onde se relata o viaxe de volta a casa no Orient Express dun detective, Hércule Poirot, que se atopa atrapado no tren por unha tormenta de neve co asasinato dun dos pasaxeiros. Mostranos unha investigación apaixoante, onde o excrutineo e as entrevistas realizadas os pasaxeiros valenlle a resolución dun enmarañado misterio.

miércoles, 12 de octubre de 2011

Recuperar datos dende un Live CD

Devido a un problema no meu Ubuntu no que non era capaz de cargar o sistema, por uns erros na partición do disco onde estaba instalado o Ubuntu, tiven que reinstalalo. Pero para non perder toda a información que tiña, tiven que buscar unha solución antes de formatear e perder todo.

Pois ben, despois de darlle moitas voltas, atopei unha boa solución para copiar esos datos impescindibles. Mediante un Live cd de Ubuntu (ou calquera outra distribución de Linux), accedese a partición onde temos instalado o noso sistema, para poder copiar os datos a un pen, a un disco externo ou a outra partición.

Pero neste intre (cando queremos copiar) podenos suxir un problema, que nos diga que pecisamos privilexios de administrador para copiar os datos, xa que nos no noso Ubuntu tiñamos un usuario con contraseña. O meu problema.

Para solucionalo, abrimos unha consola de comandos no mesmo Live cd e introducimos o seguinte comando para logearnos como root (ou administrador).

sudo -i

O intentar copiar novamente, xa logeado como root, volveme a saltar o mesmo erro, non teño privilexios de administrador. ¿Como o solucionamos?. Copiando os datos ou carpetas dende a consola de comandos mediante esta linea de comandos.

cp -r /directorio_queremos_copiar /direccion_onde_queremos_copiar

Onde "cp" é o comando para copiar e "-r" a opción para que nos copie o contido da carpeta seguido do directorio ou carpeta que queremos copiar e a dirección onde a vamos copiar. Por exemplo, queremos copiar toda a noca carpeta persoal en Ubuntu a un disco externo, fariamos o seguinte:

cp -r /media/nome_da_nosa_partición/home/nome_carpeta_persoal /media/nome_do_disco_externo

Tan so teriamos que esperar a que se copiaran os datos.

Por se non sabedes consultar o nome da vosa partición, abrides outra consola de comandos e facedes un "cd /media" seguido dun "ls" que vos mostrara os nomes das distintas particións, se inda tendes dudas, entrades nunha e volvedes a facer un "ls", ó ver o contido xa sabedes de que é esa partición.


lunes, 10 de octubre de 2011

GRANDES BATERíAS: Do jazz ao rock (ParteI) (Por Emilio Devesa)

Hoxe presentovos a primeira do que será un conxunto de entradas sobre a historia dos baterías, dende o jazz ata o rock feita por Emilio Devesa, onde nos mostrara en varias entradas o que significa este gran instrumento e quenes mellor o dominaron o largo da historia. Imperdible.

Introducción
Pode semellar que tan só se trata de aporrear varios tambores a vez. Ou tamén pode semellar que é preciso dominar cada extremidade do corpo independentemente das demais de forma simultánea. Pero o certo é que tocala batería (ou polo menos, tocar un pouco) non é nin tan sinxelo nin tan intrincado.
Dos baterías dos que vos vou falar hoxe, non todos son técnicamente igual de bós. Uns serán capaces de misturar polirritmos, outros de tocar a tempos altísimos, e os demáis probablemente non (ou non o sepamos nós), pero todos eles son recoñecidos por non aporrear tambores sen máis, senón por facelo musicalmente.
A pequena selección esta feita co meu propio criterio, que non terá porque coincidir co de outra xente; pero procurei facer un pouco de “cherry picking” como diría o Cifu; é dicir, escoller do saco, as cereixas más grandes e vermellas. Artistas que deixaron unha impronta no seu tempo e un legado aos que viñeron detras. Paralelamente sería moi interesante ver a evolución da propia batería, pero isa non é a miña intención aquí. Quizáis noutro momento. Así que, sen máis, imos aló.

Ate os anos '20
A verdade e que a historia dos baterías en sí non abarca moito máis de un siglo e pico. Nin sequera xorden músicos especializados, senón que, por cuestións económicas e de contratación, as orquestras de folk tradicional americano e os artistas de Blues, van pouco a pouco delegando as funcións de diferentes percusionistas nun único individuo, ata que no comezo do sXX queda conformada a figura do batería; iso sí, o instrumento apenas se parecía ao que hoxe coñecemos...

Deste período, destacaría principalmente a Chick Webb.


Webb era director de orquestra, e dirixía a todos os demáis dende detrás dun enorme bombo no que levaba algunhas campanas e uns primitivos platillos e timbais. Mentres o resto de percusionistas que habia ata aquel momento se limitaban a manter o pulso musical, Webb incoporou solos percusivos ás súas interpretacións. A idea do solo de batería parte de Webb.
E a pesares do seu problema de crecemento, xa solo por isto mesmo se converte nun dos Grandes Baterías de swing e jazz da historia.
Unha peza moi coñecida é o estándar de jazz “Stompin' at the Savoy”.


O Savoy Ballroom era a sala de baile máis famosa da época, onde a orquesta de Webb tocaba de forma estable coa vocalista Ella Fitzgerald. Na “batalla de bandas” (algo tan propio do Heavy Metal, hoxe en día), outras agrupacións intentaban facer bailar á xente máis do que Chick Webb o facía. E moitos foron os que morderon o polvo do Savoy, como xente da talla dos directores Benny Goodman e Count Basie.


Anos 20 e 30
O jazz tradicional atópase no seu punto álxido. As grandes orquestras peléxanse por contratar aos mellores músicos dispoñibles. Houbo tres figuras clave: Duke Ellington, Billie Holiday pero sobretodo, Louis Armstrong.
Ellington era o pianista con maior destreza da época e Holiday consolidouse (sobretodo a partir do 33) como a vocalista máis influinte. Pero Armstrong é o auténtico inventor de todo. Inventou todo e fixo todo. A súa capacidade creativa e, sobretodo, a súa personalidade, levaron o jazz dende o status de música de entretemento a unha das máis valoradas formas de arte.
Os baterías da época tampouco se quedan atrás. Persoalmente non podo pasar por alto a Papa Jo Jones, que máis tarde sería batería de todas esas grandes personalidades. Este batería caracterizouse por ser un dos que levou a cabo máis innovacións técnicas na estructura do instrumento (foi apodado “Mr. Hi-hat”, sendo o hi-hat os dous platillos que se tocan xuntos). Pero dispoñía dun talento fóra de serie que o levou a un merecido éxito.
O seguinte solo, da idea da súa virtuosidade técnica, pero tamén do aproveitamento de calquer forma percusiva ao seu alcance:


Nesta década pódense atopar moitísimos grandes baterías. Ahí está por exemplo Gene Krupa, un home adiantado ao seu tempo. Pero, deixaremo-los para outro día =).

viernes, 7 de octubre de 2011

Heavy, a historia do metal

Hoxe mostrovos o primeiro dunha serie de catro documentais do canal de televisón Vh1 sobre o Heavy metal, o seu nacemento e a evolución atraves dos anos. Uns documentais altamente recomendables, non solo polo estilo musical que desgrana miudamente, senon por todo o enmarque social de cada epoca e como esta se reflexa na música.

Unha serie de documentais nas que falan os propios implicados, moitisimos músicos que falan deles mesmos, de compañeiros, da música, dos precursores, da sociedade e da cultura que conleva. Todo enlazado por un locutor en español (en latino, unica pega).

Unha gozada para todos aqueles que lles guste a música, inda que este non sexa o seu xénero preferido.

Pois ben, o primeiro destes catro documentais chamase "Benvidos ó meu pesadelo", onde nos fala dos precursores deste xénero e do nacemento, a finales dos 60's ata o declive nos 70's. Os videos dende youtube para poder disfrutalos.









jueves, 6 de octubre de 2011

Versión XI: I'm a believer

I'm a believer é unha canción composta e grabada polo cantante e compositor americano Neil Diamond pero popularizada en 1966 polo grupo tamén americano The Monkees (creado orixinalmente para unha comedia televisiva). Este tema versionado polos Monkees foi lider de ventas durante 7 semanas seguidas en 1966 e vendeu o redor de 10 millóns de copias en todo o mundo. Un temazo.



Pero se xa esta versión superou a orixinal, anos máis tarde no 2001 outro grupo americano, a banda de ska punk Smash Mouth realiuzou a sua propia versión deste tema, que apareceu na banda sonora da película de Shrek, e que incluiron nun álbum que levaba o nome da banda, co que conseguiron chegar o disco de ouro.

Actualmente, gracias o éxito das películas de Shrek, esta versión é a máis coñecida, dado o seu ritmo capaz de contaxiar a calquera que a escoite.



Para que poidades comprovar cal vos atrae máis, deixovos o enlace a versión de Neil Diamond.

Neil Diamond http://youtu.be/HpkF7x9_KYc

miércoles, 5 de octubre de 2011

In a gadda da vida

Se fai uns días falabamos do Born to be wild de Steppenwolf como unha das cancións precursoras do estilo musical Heavy metal. Hoxe mostrovos outra das precursoras deste estilo, In a gadda da vida canción de 1968 do grupo estadounidnese de rock ácido Iron Butterfly, tamen coñecida como In the garden of Eden (No xardín do Eden).

Cunha letra sinxela tan só presente o comenzo e o fin do tema, a canción destaca pola sua duración, 17 minutos, polo solo de batería e de organo, e por un memorable riff de guitarra e baixo que dura case toda a canción. Unha das primeiras grabacións de rock onde aparece un solo de guitarra.



Por certo seguro que recoñecedes a canción desta forma xD


martes, 4 de octubre de 2011

¿Que é unha máquina virtual?

Unha máquina virtual é un software que emula a un ordenador e pode executar programas coma se fose un ordenador de verdade. A característica básica deste software é que os procesos que realiza a máquina están limitados polos recursos de que dispón, e estes recursos non poden funcionar fora desta virtualización.

O uso máis extendido dunha máquina virtual é o de executar sistemas operativos, ben sexa para probalos ou para non ter que facer particións no disco duro cando queremos ter máis dun sistema no noso pc. Desta forma podemos instalar nunha máquina virtual un sistema operativo como por exemplo o Ubuntu, dentro do noso sistema habitual, por exemplo o Windows (non ten que ser neste orde). Sen que a instalación modifique en ningún modo o sistema base que ten instalado o noso pc.

En proximas entregas como crear máquinas virtuais no noso pc.

sábado, 1 de octubre de 2011

Versión X: Miña Terra Galega

Para celebrar a décima entrada sobre grandes versións, teño preparado un agasallo para todos vos, unha das mellores versións para todos aqueles que disfrutemos con esta lingua, a versión de Sweet Home Alabama, Miña Terra Galega de Siniestro Total.

Pois ben, comencemos por explicar que a canción en orixen, Sweet Home Alabama, foi composta en 1974 polo grupo estadounidense de hard rock  Lynyrd Skynyrd , o grupo definitivo do rock sureño, cun estilo que fusiona a potencia do blues-rock cunha imaxen de rebeldia sureña e a forza do hard rock.
Esta canción xunto a Free Bird, que tamen pertence a Lynyrd Skynyrd, conforman dous dos maiores himnos da música popular americana.

 

O video de Free Bird, imprescindible escoitala, http://youtu.be/CkTQUtx818w

Despois de saber de onde ben este fermosisimo tema, que sen chegar a ser de Alabama, medio mundo a canta coa pasión que neles evoca o recordo do seu fogar, pasemos a versión de Siniestro Total, o porque e que significa.

Siniestro Total grupo galego de música punk-rock formado en Vigo, en 1984 versionaron a canción anterior cando o manager do grupo, nun concerto onde varios grupos versionaban a Lynyrd Skynyrd, deuse de conta de que a expresión "Miña Terra Galega" tiña as mesmas sílabas é a mesma acentuación de "Sweet Home Alabama".

A única similitude entre estas duas cancións é na estrofa onde dí na versión orixinal referinte a Alabama "where the sky is always blue" (donde o ceo é sempre azul), e onde se refire a Galicia "donde el cielo es siempre gris".

O periodista musical Jesús Ordovás, definiu este fermosisimo tema como "o canto a Galicia máis fermoso dende o Nós de Castelao" ou como "o himno non oficial de Galicia". Ou como esta outra definición "era como unha postal de Galicia, [..] como unha desas fotos coa Torre de Hércules, gaiteros e empanadas", con diversos símbolos de Galicia."


A canción estructurase facilmente en duas partes, na primeira falase dos esteoritipos galegos. Na segunda parte falase de todas as cousas que un emigrante bota de menos do fogar.

Un tema abraiante, capaz de facernos estremecer coa sua letra directa e sincera, que mellor que escoitalo.



Dedicado con moito cariño a quen me meteu o gusañillo pola música, unha aperta Félix!!