domingo, 18 de noviembre de 2012

Flash Mob durante a grabación de The Big Bang Theory

The Big Bang Theory é unha serie que se graba con público no plató. Durante o rodaxe do capitulo estreado esta semana, The Extract Obliteration, o número 6 da sexta temporada desta xenial seríe, sorprenderon a todos os asistentes con un Flash Mob no medio do rodaxe.

Foi a actriz Kaley Cuoco, que interpreta a Penny Penny Penny, a cabezilla desta grata sorpresa, onde de repente todo o reparto e equipo de grabación saen a bailar unha coreografía perfectamente coodinados, soando de fondo a canción Call Me Baby (de Carly Rae Jepsen).

Xenial a sorpresa final. Disfrutadeo.



Pero esta resulta non ser a única canción que bailan, dende a productora tan só se presentou o video do flash mob de Call Me Baby, pero dende aquí podedes velo xunto as imaxes grabadas polo público, dous minitos e medio máis de desfrute xD.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Reparando o ssh para conectarse os servidores da Fic

Hoxe recordamos unha entrada de fai uns cantos meses, na que comentabamos como conectarse por ssh ós servidores da FIC. Pois se algunha vez probachedes pode que despois duns cantos intentos facendo todo con nomalidade, de repente un día vos dé este erro.

@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
WARNING: REMOTE HOST IDENTIFICATION HAS CHANGED!
@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
IT IS POSSIBLE THAT SOMEONE IS DOING SOMETHING NASTY!
Someone could be eavesdropping on you right now (man-in-the-middle attack)!
It is also possible that the RSA host key has just been changed.
The fingerprint for the RSA key sent by the remote host is
........................................................
Please contact your system administrator.
Add correct host key in /home/user/.ssh/known_hosts to get rid of this message.
Offending key in /home/user/.ssh/known_hosts:8
RSA host key for server has changed and you have requested strict checking.
Host key verification failed.

Pois ben, non vos preocupedes, é un erro moi común que neste caso en concreto débese ó cambio ou actualización da clave pública do host, diferente a que vos tendes gardada no voso equipo. Pode que noutros casos, este fallo debase a que alguén esté facendo algo "NASTY" como nos informa o ssh, podemos estar sufrindo un ataque "Main in the Middle".

Pero como supostamente confiamos nos servidores da Fic, e que o cambio da clave probén deles mesmos e non dun terceiro. A solución é tan sinxela como acceder dende a nosa carpeta persoal ó directorio /.ssh/ (,é unha carpeta oculta, podemos mostrala con Ctrl + H ou editando as preferencias da carpeta), e nese directorio eliminar o arquivo known_hosts co que despois teriamos que volver a permitir a conexión ssh.

No lugar de borrar o arquivo, tamen podemos editalo para borrar tan só a clave pública, pero eso depende de vos.
Por exemplo se a clave está na linea 8 podemos facelo así.
$ ex -c “8d|x” ~/.ssh/known_hosts


jueves, 19 de enero de 2012

Intro dos Simpsons

A pesar de que neste ano 2012 moita xente está preocupada polo "suposto" fin do mundo, creo que existe unha preocupación maior, ou polo menos máis certa, o posible fin desta maravillosa serie de debuxos, os Simpsons. Problemas económicos e falta de audiencia e o que argumenta a Fox para non poder continuar producindo a serie no seu modelo económico actual, despois de que os actores que poñen as voces os persoaxes rexeitaran a proposta de reducirse o salario un 45%.

Esperemos que tan só quede como unha mera anécdota e non se confirme o fin desta xenial serie, que inda despois de 23 anos siguenos sorprendendo capítulo a capítulo. Unha boa mostra o comenzo co capítulo 20 da vixésimo primeira temporada.