Mostrando entradas con la etiqueta discos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta discos. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de septiembre de 2011

Disco recomendable VIII: Back in Black

Back in Black é un disco publicado en 1980 pola banda australiana de hard rock AC/DC, formada polos irmáns Malcolm e Angus Young, baixista e guitarrista respectivamente. Un dos grupos máis grandes do Rock.

Neste disco aparece por primeira vez Brian Johnson como vocalista, sustituindo o defunto Bon Scott, fallecido de forma tráxica ese mesmo ano. O álbum está dedicado o seu defunto cantante, onde o logo de AC/DC sobre o fondo negro é un homenaxe a Bon Scott. O disco é o segundo disco máis vendido da historia, tras o Thriller de Michael Jackson, con máis de 50 millóns de copias vendidas en todo o mundo.


Contén dez cancións, entre elas moitos dos grandes exitos da banda, destacan temazos como "Shoot to Thrill" , "Hells Bells", "You Shook Me All Night Long", e "Back in Black", tema que escoitaremos aqui, e que leva o nome do álbum. Un autentico discazo, que non sen motivo é o segundo máis vendido da historia



Outra xoia para que disfrutedes, "You Shook Me All Night Long" 

E como sempre, a descarga do disco en MegaUpload. Disco

martes, 20 de septiembre de 2011

Disco recomendable VII: Moment of Glory

Moment of Glory é un álbum grabado en directo e feito DVD no 2000 pola banda alemana de hard rock Scorpions, xunto a Orquesta Filarmónica de Berlín, e foi grabado na EXPO 2000 en Hannover, Alemania. O resultado é un son abraiante mezcla da forza de Scorpions e da instrumentación dunha das mellores filarmónicas do mundo.


Scorpions é a primeira banda de hard rock alemana, fundada en Hannover no ano 1965 e que inda seguen en activo, inda que por pouco tempo, xa que neste ano fan a sua derradeira xira arredor de todo o mundo.

Inda que este disco saese un pouco da tónica xeral dos discos que aquí propoñemos, a mezcla de cousas tan distintas como poden ser unha banda de rock e unha orquesta filarmónica producen algo tan fermoso como este disco, que máis que recomendable é imprescindible.


Neste directo aparecen grandes exitos e banda como o propio nome do álbum, "Moment of glory" , "Still loving you" ou a canción que vamos escoitar "Wind of Change"



E como xa é costume nestas entradas, a descarga do disco en MegaUpload: Disco

Disfutadeo

martes, 13 de septiembre de 2011

Disco recomendable VI: Led Zeppelin IV

Led Zepellin IV é o cuarto álbum da banda inglesa de rock Led Zeppelin, lanzado en 1971 e chamado asi pola carencia de título. A banda estaba formada polo guitarrista Jimmy Page considerado como un dos máis grandes, influintes e versátiles guitarristas da historia; polo baixista e teclista John Paul Jones considerado como un dos mellores da historia; o batería John Bonham considerado como un dos mellores baterias pola sua forma unica de tocar, moi distinta a da época, máis dura, a revista musical Gigwise incluiuno no primeiro posto dos 50 mellores baterias da historia; e por o cantante Robert Plant considerado por moitos uns dos mellores e máis influnites vocalistas da historia do rock.

Inda que poida parecer chiste, cada un dos membros da banda, no seu ámbito é considerado como un dos mellores da historia do rock e dos máis influintes. Isto debese en parte, a que inda hoxe, trinta anos despois da disolución da banda pola morte do bateria John Bonham, o grupo sigue sendo todo un referente no rock, e unha das bandas máis influintes da historia.


A ausencia de nome no disco comprendese facilmente con esta cita de Jimmy Page: "Rematamos fartos das reaccións sobre o tercer álbum, a xente dicindo que solamente éramos un montaxe. Así que dixemos: '¡Saquemos un álbum sen título!' De ese modo, a xente gustaralle ou nada".

O resultado superou as espectativas, converteuse no mellor álbum da banda e no cuarto máis vendido da historia según a RIAA (Recording Industry Association of America).

Esta obra de arte conten temas tan coñecidos da banda como Black Dog, Rock and Roll, ou a xenial canción de Stairway to Heaven, que comenza cunha fermosa balada e vai subindo ata conevertirse nunha explosión de enerxia co que moitos consideran o mellor solo da historia.

E como non, non podemos falar dela sen escoitala.



Por se sodes tan curiosos coma min, a letra traducida. Letra

E por último ó disco en descarga directa por MegaUpload. Disco

Quedan actualizados todos os discos recomendables coa sua descarga.

martes, 9 de agosto de 2011

Disco recomendable V: Appetite for destruction


Appetite for destruction lanzado en 1987 é o álbum de debut da banda americana de hard rock Guns N' Roses, formada nos seus comenzos polo cantante Axl Rose, o guitarrista Slash, o baixista Duff McKagan, o guitarrista Izzy Stradlin, e o bateria Steven Adler.

É o álbum de debut máis vendido da historia, máis de 33 millóns de copias, e iso que no seu primero ano tan só vendeu 500.000 copias, xa que a MTV negabase a emitir os seus videos, por ter unha portada moi ofensiva (mostraba un robot violador). Sucumbindo a presión da MTV, introduciron a orixinal no interior e como portada puxeron un crucifixo cos cranios dos integrantes da banda.


O disco foi toda unha revolución para o hard rock, nunha epoca non moi boa para o xénero, a banda viuse a si mesma como os encargados de revivir o espíritu rebelde do rock. Un disco enormemente influinte, no que a voz de Axel e os solos de Slash crean cancións tan coñecidas como "Welcome to the Jungle", "Paradise City" ou a magnífica "Sweet Child o Mine" (que escoitaremos agora).



E como non, outra das grandes perlas deste discazo. http://youtu.be/6IsHLTdoRME

O disco en descarga directa por MegaUpload. Disco

A portada orixinal do disco.

jueves, 28 de julio de 2011

Disco recomendable IV: A night at the Opera

A night at the Opera publicado en 1975 é o cuarto álbum de estudio da banda britanica de rock Queen, formada en 1971 polo guitarrista Brian May, o cantante Freddie Mercury e o batería Roger Taylor, e coa incorporación do baixista John Deacon o ano seguinte. Consideraselles unha banda dunha gran influencia no desenvolvemento do hard rock e do heavy metal. A sua actuación no conceto de Live Aid en 1985 considerase a mellor actuación de Rock da historia.

Mediante este disco a banda conseguiu o exito a nivel mundial. O disco toma o nome da película dos irmáns Marx Unha noite na ópera. Foi nomeado o decimo terceiro mellor disco da historia pola cadea de televisión Channel 4. Sempre asociado a canción Bohemian Rhapsody, tema que presenta unha estructura inusual, máis similar a unha rapsodia clásica que a unha canción de rock. A canción non ten estribillo e consta de seis seccións: a introducción a capela, unha balada, un solo de guitarra, un segmento operístico, unha sección de rock e unha coda que retoma o tempo e a tonalidade da balada.

Unha canción fermosa e un autentico espectáculo músical de disco co cal é imposible quedarse indeferente. Sen máis disfrutade dela.



Para que coñezaces máis sobre o disco, deixovos enlazados os videos do documental de Queen sobre o disco A night at the Opera, moi recomendados, case un delito perdelos:

Parte 1: http://youtu.be/j5fBFV_LO3k
Parte 2: http://youtu.be/joi21nEODrA
Parte 3: http://youtu.be/gPbMq-4Gnvk
Parte 4: http://youtu.be/L7jz4KWi5rM
Parte 5: http://youtu.be/0eSc4XN4Lgk

E como non a descarga do disco en MegaUpload: A night at the Opera

sábado, 23 de julio de 2011

Disco recomendable III: Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band


Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band publicado en 1967 é o octavo disco da banda inglesa The Beatles. Banda de Rock formada en Liverpool en 1960 formada por John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, é considerada como a banda máis exitosa e aclamada da historia.

Este álbum é citado pola crítica como unha das mellores obras dos Beatles e un dos discos máis influintes da historia, ocupando o primeiro posto da lista dos 500 mellores ábums de todos os tempos pola revista Rolling Stone.

Nas 13 cancións do álbum levase o límite o concepto do rock, agregando orquestacions, instrumentos hindús, grabacións tocadas o revés e sons de animais. Rock, music hall, baladas, jazz e ata música oriental mezclaronse na realización do disco.


O albúm destacaba tanto pola sorprendente música como pola portada na que os catro Beatles aparecian disfrazados de sarxentos, diante dun collage de rostros célebres entre os que se atopaban Marilyn Monroe, Marlon Brando, Edgar Allan Poe, Aleister Crowley, Bob Dylan ou Karl Marx. Ademáis foi o primeiro disco que se vendeu coas letras das cancións impresas por petición expresa dos músicos.

Parecen razóns suficientes para escoitalo, de aperitivo "A Day in the Life", disfrutade.



Por se sodes curiosos, a lista completa das imaxes da portada.

O disco en descarga. Disco

martes, 19 de julio de 2011

Disco recomendable II: Nevermind

Continuamos a temática de discos máis que recomendables co Nevermind de Nirvana. Banda de grunge americana, composta por Kurt Cobain, Krist Novoselic e Dave Grohl. Co lanzamento deste disco en 1991 a banda popularizou a escena grunge de Seattle, ademáis foi o artifice de dar a coñecer o rock alternativo o gran público, vendendo 30 millóns de copias en todo o mundo.


A primeira canción do disco, Smells like teen spirit, single do albúm, é considerada a canción que chamou a atención dos adolescentes, convertindose nun grito contra a apatía da sua xeración, caracterizada por un texto cínico e con moitas contradiccións. Deixovos a letra traducida. Letra.

Esta canción é considerada un dos himnos dos anos 90, sobre todo da Xeración X, cunha imaxen de rebeldia que foi moi ben acollida no público. É a canción máis famosa do grunge, e a sua popularidade abriu as portas a bandas como Soundgarden, Pearl Jam ou Alice in Chains.

E como non, despois de falar deles, e tan ben, disfrutemos coa sua música.



Kurt : "O disco titulase 'Nevermind' porque moita xente prefire olvidar ou dicir non importa antes que coller un spray de pintura o formar unha banda" (Kurt, New Musical Express, setembro 1991).

A descarga do disco. Disco

jueves, 7 de julio de 2011

Disco recomendable I : Made in Japan


Como ben di o título, nesta entrada e noutras sucesivas recomendarei algun disco de música que máis que recomendable é imprescindible escoitalo.

Pois ben, creo que non hai mellor disco para comenzar co tema que que o Made in Japan de Deep Purple, banda de hard rock formada en Inglaterra en 1968. Está considerada como unha das bandas precursoras do heavy metal e do hard rock.


O disco foi grabado en directo en Osaka e en Tokio en agosto de 1972 coa maioria de cancións do álbum Machine Head publicado ese mesmo ano. Sen ningun añadido de estudio todo o que se escoita no disco é o concerto tal e como sonou.


Se en algo destaca este disco é na gran cantidade de improvisacións que realizan os membros da banda e nas versións estendidas da maioria das cancións, o que o convertiron no mellor disco en directo da banda e nun dos grandes acontecementos da música rock.

Un bo exemplo do seu recoñecemento mudial é o riff co que comenza "Smoke on the water" é un dos máis coñecidos e tocados do mundo, ademáis de que a versión en directo desta canción é máis coñecida que a de estudio. E que mellor forma de pechar esta entrada que con este tema.



A descarga do disco en MegaUpload: Disco