martes, 20 de septiembre de 2011

Disco recomendable VII: Moment of Glory

Moment of Glory é un álbum grabado en directo e feito DVD no 2000 pola banda alemana de hard rock Scorpions, xunto a Orquesta Filarmónica de Berlín, e foi grabado na EXPO 2000 en Hannover, Alemania. O resultado é un son abraiante mezcla da forza de Scorpions e da instrumentación dunha das mellores filarmónicas do mundo.


Scorpions é a primeira banda de hard rock alemana, fundada en Hannover no ano 1965 e que inda seguen en activo, inda que por pouco tempo, xa que neste ano fan a sua derradeira xira arredor de todo o mundo.

Inda que este disco saese un pouco da tónica xeral dos discos que aquí propoñemos, a mezcla de cousas tan distintas como poden ser unha banda de rock e unha orquesta filarmónica producen algo tan fermoso como este disco, que máis que recomendable é imprescindible.


Neste directo aparecen grandes exitos e banda como o propio nome do álbum, "Moment of glory" , "Still loving you" ou a canción que vamos escoitar "Wind of Change"



E como xa é costume nestas entradas, a descarga do disco en MegaUpload: Disco

Disfutadeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario