jueves, 29 de septiembre de 2011

Rockin' In The Free World

Rockin' In The Free World é unha canción do cantante e compositor canadiense Neil Young, definido como unha persoa moi influinte na música popular americana por varios motivos.

Un deles porque a canción "Sweet Home Alabama" do grupo Lynyrd Skynyrd foi feita en contestación a duas cancións de Neil Young, "Souther Man" e "Alabama". A segunda e máis importante é pola sua franqueza política e a sua conciencia social, que influiu enormemente a grupos como Nirvana e Pearl Jam. Definido como "o padriño do grunge" pola sua influencia sobre toda a escena grunge en xeral, e sobre Kurt Kobain e Eddie Vedder en particular.

Na letra deste tema que vos presento a continuación faise notar o seu compromiso social falando dos vagabundos e das desigualdades. Un temazo musicalmente falando, e unha belleza de letra, que vos deixo traducida aqui mesmo. Letra.



Poderia aprobeitar para usar este tema para unha entrada de Versións, pero persoalmente, creo que non melloran a orixinal. O que si deixovos o tema tocado polo autor xunto a Pearl Jam.

No hay comentarios:

Publicar un comentario