martes, 27 de septiembre de 2011

Dr. Jekyll e Mr. Hyde

O extraño caso do Dr. Jekyll e mr. Hyde é unha novela escrita polo escocés Robert Louis Stevenson e publicada en 1886. Autor tamén doutras grandes obras como A illa do tesouro ou a Frecha negra.


A historia nesta novela trata sobre un avogado, o Sr. Gabriel John Utterson, que investiga a relación entre o seu vello amigo e un novo e curioso Sr. Hyde, de quen todo o mundo fala del como dun misantropo, unha persoa cun enorme odio ou aversión os seres humanos.

Nesta gran novela, inda que curta, pouco máis de cen páxinas, tratase con maestría a loita interior dun individuo entre a sua parte boa e a parte malvada, na busqueda de satisfacción dos seus implusos máis primitivos.

Un éxito inmediato de ventas, e que inda a día de hoxe segue inspirando películas e interpretacións, con unha película prevista para o ano 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario