miércoles, 28 de septiembre de 2011

Versión IX: Twist and Shout

Twist and Shout é unha canción escrita por Phil Medley e Bert Russell, e chamada orixinalmente Shake It Up, Baby. Interpretada por grupos como The Isley Brothers, The Mamas & the Papas, ou por The Tremeloes.

Pero a versión máis coñecida é a realizada por The Beatles, no seu álbum de debut Please Please Me en 1963. Álbum no que se grabaron dez cancións en dez horas, sendo esta a última para que John Lennon non quedara sen voz.

Que podemos dicir dos Beatles que non dixeramos xa nesta entrada: Disco recomendable III. Tan só escoitar este gran tema versionado por eles que nos invita a movernos sen parar, e que a maior parte do mundo o asocia directamente como unha das suas cancións máis coñecidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario