lunes, 12 de septiembre de 2011

¿Que é unha Base de Datos?

Unha Base de Datos (BD) é un almacén que nos permite gardar moreas de datos dunha forma ordeada para que os poidamos atopar e usar fácilmente. Podese definir como un conxunto de información relacionada entre si, que se atopa agrupada ou estructurada.

Dende o punto de vista da informática, a base de datos é un sistema formado por un conxunto de datos almaceados en discos que permiten o acceso directo a eles, e un conxunto de programas que manipulen ese conxunto de datos.

Un Sistema de Xestión de Base de Datos (SXBD) é un tipo de software moi específico, dedicado a servir como interfaz entre a base de datos, o usuario e as aplicacións necesarias para o funcionamento da BD.

Componse dunha linguaxe de definición de datos (LDD) que permite ós usuarios especificar os tipos de datos, estructuras e restriccións sobre os datos. E dunha linguaxe de manipulación de datos (LMD) que permite ós usuarios insertar, actualizar, borrar e recuperar datos.

A ventaxa de organizar os datos en bases de datos no canto de usar ficheiros ven dada por unha serie de mecanismos como os que explico a continuación:

Control sobre a redundancia: No SXBD os ficheiros están integrados, polo que non existen duplicados de datos salvo os estrictamente necesarios, logrando asi un gran aforro de almaceamento.

Consistencia de datos:  Controlando a redundancia datos reducimos en gran medida as inconsistencias de datos, xa que se temos o dato gardado só nun lugar, tan só temos que actualizalo nese lugar, no canto de ter que ir actualizando ese dato en cada ficheiro que aparecese.

Compartición de datos: O poder ter todos os datos dispoñibles na BD, calquer membro con autorización pode acceder a eles, no canto dos ficheiros que tan só quen os posue pode acceder.

Mantemento de estándares:  Gracias a integación de datos na BD é moito máis doado manter uns estándares nos datos almaceados. Poden establecerse sobre o formato dos datos para facilitar o intercambio, sobre a documentación, sobre os procedementos de actualización ou sobre as reglas de acceso.


Mellora na integridade dos datos: Refirese a validez e a consistencia dos datos almaceados. Normalmente expresase mediante restriccións ou reglas que non se poden violar.


Mellora na seguridade: A seguridade é a protección dos datos frente a usuarios non autorizados, existindo para eso no SXBD distintos tipos de usuario, con distintos tipos de autorizacións para traballar no SXBD e ter acceso os datos.


Mellora na accesibilidade ós datos: O SXBD proporciona linguaxes de consulta de datos, que permiten o usuario facer calquer tipo de consulta na base de datos sen que o programador teña que facer unha aplicación para esa tarea.


Mellora na productividade: O SXBD proporciona todas as rutinas básicas de manexo de ficheiros típicas dos programas de aplicación, este feito permite o programador centrarse mellor na función especifica requerida polos usuarios, sen ter que preocuparse polos detalles de implementación de baixo nivel.


Mellora no mantemento: Nos ficheiros as descripcións dos datos atopanse inmersos nos programas de aplicación que os manexan, isto implica que calquer pequeno cambio na estructura, ou na forma na que se almacenan en disco supón cambios importantes no programa.

Sen embargo, nos SXBD separanse as descripcións dos datos das aplicacións, independencia de datos, polo cal o mantemento e moitisimo máis doado.


Aumento da concurrencia: En ficheiros, se varios usuarios acceden a vez o mesmo ficheiro, é posible que o acceso interfira de modo que se perda información ou integridade. No caso dos SXBD isto non sucede, xa que xestiona o acceso concurrente e evita que sucedan problemas deste tipo.


Mellora no servicio de copias de seguridade: Nos sistemas de ficheiros, é o usuario quen se ten que encargar de facer copias de seguridade e de utilizar as copias se sucede algun fallo, perdendo asi os datos non gardados dende a ultima copia de seguridade. Os SXBD funcionan de modo que minimizan a cantidade de información perdida en caso de fallo.

Os SXBD presentan moitisimas ventaxas con respecto os sistemas de ficheiros, inda que tamen teñen as suas desventaxas:


Complexidade: Os SXBD son conxuntos de programas moi complexos cunha gran funcionalidade. É preciso comprender moi ben esta funcionalidade para realizar un bo uso deles.


Coste do equipamento adicional: O SXBD ou a mesma BD poden requerir moito almaceamento, ademáis, para ter as prestacións deseadas, necesitaremos unha maquina máis potente ou que tan só se dedique o SXBD. Esto fará que a implantación da base de datos sexa máis cara.


Vulneravilidade os fallos: O feito de que todos os datos estén centralizados no SXBD fai que o sistema sexa máis vulnerable a fallos. Por eso é imprencindible ter copias de seguridade.


Ata aquí a explicación do que é unha base de datos é un SXBD, noutras entregas profundizaremos inda máis no tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario