martes, 29 de enero de 2013

Chamabanlle Trinidad

Puro Spaghetti Western da man de Bud Spencer e Terence Hill, un clásico entre clásicos, cunha xenial banda sonora.



Máxica, entretida, hilarante, e imprescindible. Aquí a tendes completa. Disfrutadea!


jueves, 24 de enero de 2013

Como se fan os discos SSD

Neste interesante e curto video, podemos observar todo o proceso de fabricación dos discos SSD (solid state drive) en tan só 4 minutos. Dende a marca Crucial nos amosan todas as fases de fabricación e probas as que son sometidos os seus SSD, cunha pequena explicación de cada fase.




Via TuxyLinux

martes, 15 de enero de 2013

O problema da xestión da calidade - Philip Crosby

Philip Crosby, no seu libro "Quality is Free" ofrece unha irónica resposta a ¿que é a calidade?

"O problema da xestión da calidade no é o que a xente ignora acerca dela. O problema é o que creen saber...

A este respecto, a calidade ten moito en común co sexo. Todo o mundo o quere (en certas condicións, dende logo). Todos sinten que o entendes (ainda cando non queiran explicalo). Todos pensan que a súa execución só é cuestión de seguir as inclinacións naturais (despois de todo, a xente arreglase dalgunha forma). E, dende logo, a maioría das persoas pensa que os problemas nestas areas os" provocan outras persoas (como se só elas se tomaran o tempo para facer as cousas ben)."

lunes, 14 de enero de 2013

Tabs guitarra acústica The Goodfather

Tabs para guitarra acústica da melodía principal da película de 1972 de Francis Ford Coppola, The Goodfather. Unha melodía fermosa, e recoñecible dende a primeira estrofa.