jueves, 30 de junio de 2011

Escoitar e descargar música da radio

Hoxe presentovos un programa moi interesante para o meu gusto, un programa en windows no que se poden escoitar moitísimas radios do mundo por internet, e que a vez que escoitas podes descargar os contidos que emita a radio.

Do programa podese dicir que é moi lixeiro, non consume moitos recursos e é moi doado de usar, podedelo atopar nesta web en descarga directa http://www.screamer-radio.com/download/.



Comentovos algunha cousiña para que non teñades os mesmos erros que tiven eu o principio. O programa ten unha lista actualizada de moitísimas radios, ordeada por paises, categoria, lingua ou por cadea. Ademáis podemos añadir nos unha URL de calquera radio que queramos [ Arquivo / Añadir URL ]. Teño que dicir que non todas as radios que ten a lista funcionan, será cuestión de probar e probar ata atopar algunha que nos funcione e nos convenza.


Non todas as radios emiten os seus contidos cos nomes, por exemplo o nome da canción, pero algunha que outra si que o fai, o cal é unha marabilla saber que canción estás escoitando.


A hora de grabar os contidos, gardaranos un arquivo de audio co nome por cada canción se nos recoñece o nome, senon farao en forma de sesión completa do programa. Temos que ter claro que non todas as cadeas emiten no mesmo formato de audio, pero o programa está preparado (cunha opción nas preferencias que vos mostro agora [Continuous Encoding] ) para poder convertir o formato directamente a mp3 mentres está grabando. Esto non supón un gran aumento no consumo do programa, (ou polo menos eu non llo notei).


Para grabar, tan doado como darlle o botón de grabar, que dicir que se estamos escoitando unha canción e queremos grabala unha vez que comezou, podemos facelo sen problema, xa que se a estabamos escoitando de antes, queda almaceada no buffer e poderemos gardala enteira.

Se tendes algunha duda, ou algunha recomendación dalgunha emisora os comentarios nunha sobran xD

P.D.: Moitas gracias a Félix pola recomendación!!

miércoles, 29 de junio de 2011

Versión con dous chelos

Comenza unha nova temática neste blog, versións de grandes cancións, curiosas e moi interesantes. Teño algunha que outra gardada na recamara, pero non me viria mal algunha recomendación.

Sen máis presentovos unha boa versión de Welcome to the Jungle de Guns N' Roses por dous rapaces (Sulic & Hauser) que interpretan esta coñecidisima canción con dous chelos.



Deixovos tamen o seu canal de video en youtube, .

Gracias a @charlielocke9 pola recomendación. ;)

martes, 28 de junio de 2011

Cómics levados o cine

Recientemente fun ó cine a ver a última película de X-Men, serie que sempre que tiña ocasión de pequeno via na galega. E despois de ver X-Men Primeira xeración, película que non me disgustou, deume que pensar a cantidade de películas basadas en cómics que se están levando a gran pantalla.

E quen destaca a simple vista é a factoría Marvel, con moitisimos cómics levados o cine e sagas tan lucrativas como X-Men, Spiderman, Iron Man, Hulk, Blade ou Transformers.


Pero non son as únicas, podemos ver a lista completa das películas basadas en cómics de Marvel, incluso as que están sen estrenar ou tan solo como proxecto de futuro.

miércoles, 22 de junio de 2011

Atallos de teclado 2 (Windows)

Como na anterior explicación sobre atallos, esta vez faremolo sobre windows. Inda que moitos usuarios despotriquemos deste sistema operativo, resulta moi complicado usar tan só software libre. E para levar mellor esta labor comentarei algun dos atallos de teclados máis usuales. Se esquezo algún (que é probable) agradezo o comentario.

1) Win + Tab = Podemos desprazarnos entre as distintas xanelas abertas.
2) Win = Abre o menú de inicio.
3) Win + 1 = Lanza a primeira aplicación da barra de tareas.
4) Win + 2 = Lanza a segunda aplicación da barra de tareas.
5) Win + D = Mostra o escritorio.
6) Win + E = Abre o explorador de Windows.
7) Win + F = Abre o diálogo de búsqueda.
8) Win + G = Permite cambiar o foro entre os gadgets da barra lateral.
9) Win + L = Bloquea o equipo.
10) Win + M = Minimizar todas as xanelas.
11) Win + Shift + M = Restaura as xanelas o seu estado anterior.
12) Win + P = Extender pantalla.
13) Win + R = Abre o diálogo Executar.
14) Win + T = Pon o foco na barra de tarea.
15) Win + U = Abre o centro de accesibilidade.
16) Win + X = Abre o centro de movilidade.
17) Win + arriba = Maximiza a xanela actual.
18) Win + abaixo = Restaura ou minimiza a xanela actual.
19)Win + Shif + flecha arriba = Axusta a xanela verticalmente(maximiza).
20)Win + Shif + flecha abajo = Axusta a xanela verticalmente(recupera el tamaño)
21) Win + flecha esquerda/dereita = Restaura ou axusta a xanela a parte esquerda/dereita da pantalla.
22) Win + Pausa = Abre a sección Sistema do panel de control.
23) Win + (+/-) = Aumentar zoom / disminuir zoom.
24) Alt + F4 = Pecha a xanela.
25) Alt + Tab = Cambia a xanela anterior activa.
26) Alt + Esc = Pasa por todas as xanelas abertas.
27) Ctrl + Shift + N = Crea unha nova carpeta no explorador.
28) Alt + Arriba = Sube un nivel no explorador.
29) Alt + P = Mostra o panel de visualización do explorador.
30) Shift + Click dereito nun arquivo = Agrega o menú a opción de "Copiar como ruta de acceso".
31) Shift + Click dereito nunha carpeta = Agrega a opción de "Abrir xanela de comandos aquí".
32) F1 = Mostrar axuda acerca dun arquivo.
33) F2 = Renomear un arquivo.
34) F3 = Mostrar buscar.
35) F5 = Actualizar.
36) Ctrl + E= Seleccionar todo.
37) Ctrl + C = Copiar.
38) Ctrl + V = Pegar.
39) Ctrl + N = Novo.
40) Ctrl + O = Abrir.
41) Ctrl + S = Gardar.
42) Ctrl + P = Imprimir.
43) Ctrl + E = Enviar a… (Envía o documento actual por email).
44) Ctrl + W = Cerrar (Cerra o documento actual).

martes, 21 de junio de 2011

Morrer os 27


Fai pouco rematei de ler esta interesantísima novela española de Joseph Gelinek, escritor e musicólogo español, autor de outras obras como "O violín do diablo" e "A décima sinfonía".

Este thriller policíaco comeza co asesinato en Madrid do músico de rock máis famoso do momento, a fatídica idade de 27 anos, aumentando a lenda de que os grandes do rock morren os 27. Jimi Hendrix, Janis Joplin, Kurt Cobain, Jim Morrison, Brian Jones, todos eles falleceron os 27 anos, quedando como mitos da música moderna.

Un inspector da policía nacional será o encargado de investigar este asasinato, que se complica enormemente cando o asasino de John Lennon, David Chapman, declarase culpable do novo asasinato, sen que saíra de prisión.

Sexo, drogas, rock&roll e morte nun vibrante thriller policíaco.

domingo, 19 de junio de 2011

Concerto de Asia en A Coruña


O xoves pasado, 16/06, tiven a fortuna de asistir ó concerto que ofrecia Asia no Coliseum, invitado por Rock&Gol. Este grupo de rock progresivo foi formado en 1981 con integrantes de outros grupos, como John Wetton cantante e baixista procedente de King Crimson, o bateria Carl Palmer de Emerson, Lake & Palmer, o guitarrista Steve Howe de Yes e o teclista Geoff Downes procedente de The Buggles.

O concerto sorprendeume gratamente, os músicos de comenzo a fin estiveron magníficos, incluso en moitos momentos facendo olvidar a idade que a sua apariencia non ocultaba. Tocaron temas clasicos da banda, ademais de algún do novo disco que viñan presentando nunha xira, The Omega Tour.

Aparte de temas clasicos e outros non tanto, encandilaron a todo o público facendo gala das suas dotes musicais, sobre todo en duas ocasións. Na primeira, o guitarrista Steve Howe colleu unha guitarra acústica para improvisar e sacar unha sonrrisa os asistentes. E outra cando o bateria Carl Palmer durante uns 10 minutos improvisou un solo de bateria máis propio do Made in Japan de Deep Purple, no que tirou de repertorio musical e malabarístico coas baquetas. Como o video que podemos ver a continuación, no que apartir do minuto 4 empeza o solo deste magnífico bateria, inda que para o meu gusto, merece a pena velo enteiro.



Podemos velo mellor no seguinte video, algo máis antigo, e sen nada que nos moleste, http://youtu.be/EnQuuDnkeJ8, ou neste outro, http://youtu.be/k0gJcsTNMRY.

Para pechar este relato do concerto, farei igual que os músicos de Asia, co seu gran exito, "Heat of the Moment".

jueves, 16 de junio de 2011

Atallos de teclado Ubuntu

Inda que mediante o rato temos acceso a todos as funcións do noso sistema, moitas veces, xa sexa por vagancia ou para aforrar tempo, e preferible usar atallos. En Ubuntu podemos usar moitos deles, como os que explicamos a continuación.

1) Ctrl + A = Seleccionar todo.
2) Ctrl + C = Copiar.
3) Ctrl + V = Pegar.
4) Ctrl + N = Novo.
5) Ctrl + O = Abrir.
6) Ctrl + S = Gardar.
7) Ctrl + P = Imprimir.
8) Ctrl + E = Enviar a… (Envía o documento actual por email).
9) Ctrl + W = Cerrar (Cerra o documento actual).
10) Ctrl + Q = Cerrar xanela.
11) Ctrl + H = Mostrar/Ocultar arquivos ocultos.
12) Ctrl + D = Fin de sesión.
13) Ctrl + Alt + F1 = Cambia ó primeiro terminal de consola.
14) Ctrl + Alt + F2(F3)(F4)(F5)(F6) = Selecciona diferentes terminais de consola.
15) Ctrl + Alt + F7 = Volver a sesión gráfica.
16) Ctrl + Alt + + = Cambia a seguiente resolución de pantalla.
17) Ctrl + Alt + - = Cambia a anterior resolución X.
18) Ctrl + Alt + Backspace = Reiniciar servidor X.
19) Alt + Tab = Cambiar entre os programas abertos.
20) Ctrl + Alt + Tab = Navegar entre os programas abertos.
21) ImprPant = Capturar pantalla.
22) Ctrl + F10 = Menú contextual (botón dereito).
23) F2 = Renomear.
24) Alt + F1 = Abrir menú de aplicacións.
25) Alt + F2 = Abrir menú de execución.
26) Alt + F4 = Cerrar xanela
27) Alt + F5 = Restaurar xanela maximizada.
28) Ctrl + T= Abrir nova pestaña.
29) Ctrl + Alt + L = Bloquear pantalla.
30) Ctrl + Alt + Supr = Activa o monitor de sistema.
31) Click na roda do rato = Pegar texto seleccionado.
32) Ctrl + Alt + Left/Rigth/Up/Down = Cambia dun escritorio a outro.
33) Ctrl + Alt + Shift + Left/Rigth/Up/Down = Move a xanela a outro escritorio.
34) Super (tecla Windows) + A/W = Expo mode, fai zoom out de todas as xanelas en todos os escritorios, e deixa que te movas por ellas.
35) Super + E = Mostra todos os escritorios e deixa que te movas por eles.
36) Super + S = Abre o menú de sistema.
Atallos en terminal

1) Ctrl + A = Volver o inicio de linea.
2) Ctrl + C = Terminar proceso actual.
3) Ctrl + D = Finaliza o terminal actual.
4) Ctrl + E = Ir ó final de linea.
5) Ctrl + L = Limpia xaneña do terminal.
6) Ctrl + R = Busca no historial comandos que comenzan por as letras que pulses.
7) Ctrl + U = Borrar linea actual.
8) Ctrl + W = Borrar palabra anterior o cursor.
9) Ctrl + Z = Enviar proceso ó background.
10) Shift + Insert = Pegar.
11) Shift + PgUp = Desprazar a saida do terminal hacia arriba.
12) Shift + PgDown = Desprazar a saida do terminal hacia abaixo.
13) Flechas Arriba/Abaixo = Buscar entre o histórico de comandos.
14) Ctrl + Shift + C = Copiar.
15) Ctrl + Shift + V = Pegar.
16) Ctrl + Shift + N = Abre un novo terminal.
17) Tab = Autocompleta o nome no terminal.

Pode que me esqueza de algun atallo, nese caso agradeceria o aviso.
Noutras edición veremos atallos en windows, e comandos no terminal de Ubuntu.

Biblioteca dixital

Ultimamente estanse poñendo moi de moda os ebooks, rebaixando moito o precio das obras, e cunha gran variedade de tabletas no mercado para o seu uso. Eu son máis clásico, prefiro os libros impresos en papel, pero moitas veces non che queda máis remedio que ter que usalos, xa ben sexan manuales ou calquer outro libro dixitalizado.

Pois ben, non todo vai ser gastar cartos, xa que podemos dispoñer de moitos libros en formato dixital mediante a web http://www.etnassoft.com/biblioteca/ que recolle moitisimos exemplares libres (actualmente 14 millóns). É unha biblioteca aberta que intenta realizar unha base de datos de libros de acceso público. Por descargarnos calquera destes exemplares non estaremos incumplindo ningunha lei.

Recolle temáticas tan distintas como aspectos legais, bases de datos, ciencia, diseño, novelas, marketing, programación, software libre, redes, etc.

miércoles, 15 de junio de 2011

Chris Cornell

Hoxe escoitando a radio, sonou unha canción que me resultaba moi coñecida, pero que non era capaz de asociar con nada. Pois ben, resulta que era "You know my name" de Chis Cornell, canción que aparece na bso da película "Casino Royal".



E investigando un pouco, case todo na Wikipedia, atopei que este home , Chris Cornell, aparte de ser o vocalista de Soundgarden, Audioslave y Temple of the Dog, adicase tamen a sua carreira en solitario, e incluso algunhas das suas cancións aparecen en peliculas como Misión: Imposible II (Mission 2000), Collateral (Shadow on the Sun) ou Casino Royale (You know my name).

Este home tan descoñecido para min ata o momento, comenzou a sua carreira como bateria, para despois despuntar como guitarrista e cantante (traxectoria semellante a Dave Grohl), e é considerado o cuarto mellor vocalista de Heavy Metal de todos os tempos, na lista dos 100 mellores feita pola revista Hit Parader.

lunes, 13 de junio de 2011

Leis de Murphy

Habitualmente falamos das leis de Murphy moi a lixeira, sen saber sequera quen foi, nin que foi exactamente o que enunciou na tan famosa "lei".

Pois ben, Murphy (Edward A. Murphy Jr.) era un enxeñeiro que traballou en exeperimentos de cohetes sobre carrís para estudar a resistencia humana as forzas G. Nunha desas probas na que emplearon un chimpacé cuns medidores electronicos, unha vez finalizado o experimento, os medidores deran un resultado de cero, xa que todo o cableado estaba colocado a inversa. Nese momento contase que Murphy, frustrado, postulou o seu principio, e botandolle a culpa o seu axudante dixo: "Se esa persoa ten unha forma de cometer un erro, farao".

As palabras exactas poden ser discutidas, pero o espiritu da sua lei é de diseño defensivo, xa que intenta preever os posibles erros que o ususario probablemente cometa.

É unha forma pesimista, cómica e na sua maioria ficticia, de explicar os infortunios da nosa vida, aplicable a moitisimos ámbitos, e basease na sentencia seguinte: "Se algo pode sair mal, sairá".

Existen moitismas leis derivadas deste postulado, como as que aparecen na wikiquote.

viernes, 10 de junio de 2011

Doodle Les Paul

Onte, como ben comentamos aqui, foi o aniversario do nacemento de Lester William Polsfuss, e para celebralo, google dedicoulle un dos seus famosos doodle's. Pois ben, foi un enorme exito, e multitude de usuarios disfrutaron rasgando as cordas dunha ficticia guitarra eléctrica.


O doodle convertiuse en 'trending topic' a nivel mundial, e numerosos medios de comunicación fixeronse eco da noticia, comenzaron a circular melodias para tocar no tan mencionado doodle, e como era de esperar, xa temos paxina web onde perdura a Gibson Les Paul by Google, aqui a temos http://mydoodlesongs.com/.

Tamen atopei algunha que outra paxina con distintas melodias para poder usar esta magnifica obra de google, melodias para tocar a canción de Stairway to Heaven entre outras. Será cuestión de buscar para atopar moitas máis.


jueves, 9 de junio de 2011

Comando ls

Eu son moito de facer recopilatorios de música, e recientemente vinme na necesidade de sacar unha lista das cancións dun desos recopilatorios. Xa fora por vagancia, por desceñecemento ou simplemente porque no momento non estaba como para comerme moito a cachola, a única solución que se me ocurreu foi mediante shell de Ubuntu usar o comando "ls" que serve para listar os elementos dun directorio dado.

O primeiro é situarse no directorio de onde queremos sacar a información listada. Para eso podemos facer na shell un "cd" change directory, ata situarnos no directorio que queremos. Poñamonos no meu caso concreto, unha carpeta no directorio de Música, co que faria un "cd Música" e a continuación un cd da carpeta onde quero listar os arquivos, no meu caso "cd Get\ Phyched\ Mix ". No meu caso fixeno o cd de todo a vez "cd Música/Get\ Phyched\ Mix/" .


Feito isto xa estamos en disposición de sacar o listado co anteriormente explicado comando "ls", pero se tan só facemos un "ls" dentro dese directorio, na shell tan só se nos mostraria a lista dos elementos que temos no directorio, e máis nada.


Pero eso non é o que nos queremos, asique para pasar esa lista a un arquivo faremos algo máis, faremos un "ls > [arquivo]" , onde por arquivo pondremos o nome coa extensión, por exemplo "arquivo.txt", onde queiramos que nos garde a lista dos arquivos que temos nese directorio. No meu caso en concreto fixen un "ls > lista.txt" e listo, temos os nomes de todos os arquivos dese directorio nunha lista, nun .txt.


Xa está todo listo, solución rapida e sinxela, e en parte gracias a un tal Deivid que me comentou o de como gardalo nun documento, sen ter que andar a copiar e pegar os resultados do "ls". Añado un link para que vexades mais comandos de Ubuntu. Comandos

E como non a lista das cancións do tan mencionado recopilatorio. Lista

Les Paul

No día de hoxe, 9 de xuño do 2011, teria cumplido 96 anos un gran xenio, Lester William Polsfuss, de non ter fallecido no 2009, inovadador no deseño das guitarras eléctricas macizas, tal e como as coñecemos hoxe.



O seu deseño feito en colaboración coa compañia Gibson, o cal leva o seu nome, Gibson Les Paul, seguese usando hoxe en día en todo o mundo tanto por profesionales como por novatos. Entre os moitisimos artistas que usan, ou usaron, esta gran guitarra destacan Jimmy Page, Bob Marley, George Harrison, Paul McCartney, John Lennon, Eric Clapton, Carlos Santana, James Hetfield, ou Slash que incluso conta con un modelo propio de Gibson Les Paul.



Un moi bo artigo sobre este home é o realizado na web de RockRockRadio, que deixo enlazado. Artigo

Incluso hoxe google homenaxea a este gran home, cun dos seus famosos "doodles", esta vez moi moi currado, semellando unha guitarra que podes facer sonar, e incluso grabar segun lin por internet. Doodle Les Paul

Drakkar

Eran as embarcións usadas polos escandinavos, saxóns e vikingos (máis coñecidos por nos estes últimos), usadas entre o ano 700 e o 1000. Foron o maior expoñente do seu poderío militar, e gracias a elas conquistaron un extenso territorio, como ben sabemos nestes lares.

O casco da embarcación estaba construído sobrepoñendo unhas tablas a outras, usando musgo impregnado con brea de aislante nas unións. Eran largas, estreitas, livianas e con moi pouco calado, esto último permitía que navegara por augas con moi pouca profundidade, e incluso, como aconteceu nas rías galegas, navegaran río arriba.

Movíase basicamente a remos, que tiña a ambos lados da embarcación, inda que no centro dispoñía dun único mástil cunha vela rectangular de moita axuda para as largas travesías, en combate eran os remeiros os que facían mover a nave.

Unha nave podía medir entre 17 e 35 metros de eslora, e tan só entre 3 e 11 de manga, pero inda así podía embarcar máis de 30 homes. A parte máis sorprendente é o pouco calado que tiña, tan só medio metro. Unha embarcación tan lixeira que podía ser arrastrada ó interior da costa sen que tivera que chegar a porto.

A suma do factores anteriores facían desta embarcación unha nave moi veloz, capaz de chegar ós 14 nudos.

O orixe da palabra "drakkar" ven dun antigo termo islandés usado para designar os dragóns, na proa da embarcación representase a cabeza dun destes seres para que parecesen máis intimidantes, por eso leva o nome de drakkar.

miércoles, 8 de junio de 2011

Deixandonos de caralladas!

Unha vez rematada a presentación, e fora caralladas gatos e demais, vou presentarvos unha canción que espero que sexa do voso agrado. Tirando de repertorio nacional, dun grupo de heavy metal español dos anos 80, Obus, unha canción que non é que abogue polo alcoholismo, pero si por coller unha areiña.

Comenzo

Comezo un novo proxecto, e con el a creación deste blog, entrar en detalles do porque seria como poñerse a falar de política, tema o que se recurre con tanta facilidade como a imposibilidade de falar abertamente dela. Por eso aqui os detalles sobran, digamos que se falara do que me pete!, non como en política.

Internet está cheo de contidos, e sempre que vexo algun interesante danme ganas de compartilo, agora xa non teño escusa.

Como se di que internet está cheo de "tetas" e "gatos", vamos a poñer algo deso para facer a inaguración, poñer tetas seria subir moito o nivel para ser a primeira entrada, asique mellor un video dun gato, (que non son do meu agrado habitualmente, pero este mola).