jueves, 16 de junio de 2011

Biblioteca dixital

Ultimamente estanse poñendo moi de moda os ebooks, rebaixando moito o precio das obras, e cunha gran variedade de tabletas no mercado para o seu uso. Eu son máis clásico, prefiro os libros impresos en papel, pero moitas veces non che queda máis remedio que ter que usalos, xa ben sexan manuales ou calquer outro libro dixitalizado.

Pois ben, non todo vai ser gastar cartos, xa que podemos dispoñer de moitos libros en formato dixital mediante a web http://www.etnassoft.com/biblioteca/ que recolle moitisimos exemplares libres (actualmente 14 millóns). É unha biblioteca aberta que intenta realizar unha base de datos de libros de acceso público. Por descargarnos calquera destes exemplares non estaremos incumplindo ningunha lei.

Recolle temáticas tan distintas como aspectos legais, bases de datos, ciencia, diseño, novelas, marketing, programación, software libre, redes, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario