miércoles, 15 de junio de 2011

Chris Cornell

Hoxe escoitando a radio, sonou unha canción que me resultaba moi coñecida, pero que non era capaz de asociar con nada. Pois ben, resulta que era "You know my name" de Chis Cornell, canción que aparece na bso da película "Casino Royal".



E investigando un pouco, case todo na Wikipedia, atopei que este home , Chris Cornell, aparte de ser o vocalista de Soundgarden, Audioslave y Temple of the Dog, adicase tamen a sua carreira en solitario, e incluso algunhas das suas cancións aparecen en peliculas como Misión: Imposible II (Mission 2000), Collateral (Shadow on the Sun) ou Casino Royale (You know my name).

Este home tan descoñecido para min ata o momento, comenzou a sua carreira como bateria, para despois despuntar como guitarrista e cantante (traxectoria semellante a Dave Grohl), e é considerado o cuarto mellor vocalista de Heavy Metal de todos os tempos, na lista dos 100 mellores feita pola revista Hit Parader.

2 comentarios: