domingo, 19 de junio de 2011

Concerto de Asia en A Coruña


O xoves pasado, 16/06, tiven a fortuna de asistir ó concerto que ofrecia Asia no Coliseum, invitado por Rock&Gol. Este grupo de rock progresivo foi formado en 1981 con integrantes de outros grupos, como John Wetton cantante e baixista procedente de King Crimson, o bateria Carl Palmer de Emerson, Lake & Palmer, o guitarrista Steve Howe de Yes e o teclista Geoff Downes procedente de The Buggles.

O concerto sorprendeume gratamente, os músicos de comenzo a fin estiveron magníficos, incluso en moitos momentos facendo olvidar a idade que a sua apariencia non ocultaba. Tocaron temas clasicos da banda, ademais de algún do novo disco que viñan presentando nunha xira, The Omega Tour.

Aparte de temas clasicos e outros non tanto, encandilaron a todo o público facendo gala das suas dotes musicais, sobre todo en duas ocasións. Na primeira, o guitarrista Steve Howe colleu unha guitarra acústica para improvisar e sacar unha sonrrisa os asistentes. E outra cando o bateria Carl Palmer durante uns 10 minutos improvisou un solo de bateria máis propio do Made in Japan de Deep Purple, no que tirou de repertorio musical e malabarístico coas baquetas. Como o video que podemos ver a continuación, no que apartir do minuto 4 empeza o solo deste magnífico bateria, inda que para o meu gusto, merece a pena velo enteiro.



Podemos velo mellor no seguinte video, algo máis antigo, e sen nada que nos moleste, http://youtu.be/EnQuuDnkeJ8, ou neste outro, http://youtu.be/k0gJcsTNMRY.

Para pechar este relato do concerto, farei igual que os músicos de Asia, co seu gran exito, "Heat of the Moment".

No hay comentarios:

Publicar un comentario