martes, 21 de junio de 2011

Morrer os 27


Fai pouco rematei de ler esta interesantísima novela española de Joseph Gelinek, escritor e musicólogo español, autor de outras obras como "O violín do diablo" e "A décima sinfonía".

Este thriller policíaco comeza co asesinato en Madrid do músico de rock máis famoso do momento, a fatídica idade de 27 anos, aumentando a lenda de que os grandes do rock morren os 27. Jimi Hendrix, Janis Joplin, Kurt Cobain, Jim Morrison, Brian Jones, todos eles falleceron os 27 anos, quedando como mitos da música moderna.

Un inspector da policía nacional será o encargado de investigar este asasinato, que se complica enormemente cando o asasino de John Lennon, David Chapman, declarase culpable do novo asasinato, sen que saíra de prisión.

Sexo, drogas, rock&roll e morte nun vibrante thriller policíaco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario