jueves, 30 de junio de 2011

Escoitar e descargar música da radio

Hoxe presentovos un programa moi interesante para o meu gusto, un programa en windows no que se poden escoitar moitísimas radios do mundo por internet, e que a vez que escoitas podes descargar os contidos que emita a radio.

Do programa podese dicir que é moi lixeiro, non consume moitos recursos e é moi doado de usar, podedelo atopar nesta web en descarga directa http://www.screamer-radio.com/download/.



Comentovos algunha cousiña para que non teñades os mesmos erros que tiven eu o principio. O programa ten unha lista actualizada de moitísimas radios, ordeada por paises, categoria, lingua ou por cadea. Ademáis podemos añadir nos unha URL de calquera radio que queramos [ Arquivo / Añadir URL ]. Teño que dicir que non todas as radios que ten a lista funcionan, será cuestión de probar e probar ata atopar algunha que nos funcione e nos convenza.


Non todas as radios emiten os seus contidos cos nomes, por exemplo o nome da canción, pero algunha que outra si que o fai, o cal é unha marabilla saber que canción estás escoitando.


A hora de grabar os contidos, gardaranos un arquivo de audio co nome por cada canción se nos recoñece o nome, senon farao en forma de sesión completa do programa. Temos que ter claro que non todas as cadeas emiten no mesmo formato de audio, pero o programa está preparado (cunha opción nas preferencias que vos mostro agora [Continuous Encoding] ) para poder convertir o formato directamente a mp3 mentres está grabando. Esto non supón un gran aumento no consumo do programa, (ou polo menos eu non llo notei).


Para grabar, tan doado como darlle o botón de grabar, que dicir que se estamos escoitando unha canción e queremos grabala unha vez que comezou, podemos facelo sen problema, xa que se a estabamos escoitando de antes, queda almaceada no buffer e poderemos gardala enteira.

Se tendes algunha duda, ou algunha recomendación dalgunha emisora os comentarios nunha sobran xD

P.D.: Moitas gracias a Félix pola recomendación!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario