jueves, 9 de junio de 2011

Drakkar

Eran as embarcións usadas polos escandinavos, saxóns e vikingos (máis coñecidos por nos estes últimos), usadas entre o ano 700 e o 1000. Foron o maior expoñente do seu poderío militar, e gracias a elas conquistaron un extenso territorio, como ben sabemos nestes lares.

O casco da embarcación estaba construído sobrepoñendo unhas tablas a outras, usando musgo impregnado con brea de aislante nas unións. Eran largas, estreitas, livianas e con moi pouco calado, esto último permitía que navegara por augas con moi pouca profundidade, e incluso, como aconteceu nas rías galegas, navegaran río arriba.

Movíase basicamente a remos, que tiña a ambos lados da embarcación, inda que no centro dispoñía dun único mástil cunha vela rectangular de moita axuda para as largas travesías, en combate eran os remeiros os que facían mover a nave.

Unha nave podía medir entre 17 e 35 metros de eslora, e tan só entre 3 e 11 de manga, pero inda así podía embarcar máis de 30 homes. A parte máis sorprendente é o pouco calado que tiña, tan só medio metro. Unha embarcación tan lixeira que podía ser arrastrada ó interior da costa sen que tivera que chegar a porto.

A suma do factores anteriores facían desta embarcación unha nave moi veloz, capaz de chegar ós 14 nudos.

O orixe da palabra "drakkar" ven dun antigo termo islandés usado para designar os dragóns, na proa da embarcación representase a cabeza dun destes seres para que parecesen máis intimidantes, por eso leva o nome de drakkar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario