martes, 19 de julio de 2011

Disco recomendable II: Nevermind

Continuamos a temática de discos máis que recomendables co Nevermind de Nirvana. Banda de grunge americana, composta por Kurt Cobain, Krist Novoselic e Dave Grohl. Co lanzamento deste disco en 1991 a banda popularizou a escena grunge de Seattle, ademáis foi o artifice de dar a coñecer o rock alternativo o gran público, vendendo 30 millóns de copias en todo o mundo.


A primeira canción do disco, Smells like teen spirit, single do albúm, é considerada a canción que chamou a atención dos adolescentes, convertindose nun grito contra a apatía da sua xeración, caracterizada por un texto cínico e con moitas contradiccións. Deixovos a letra traducida. Letra.

Esta canción é considerada un dos himnos dos anos 90, sobre todo da Xeración X, cunha imaxen de rebeldia que foi moi ben acollida no público. É a canción máis famosa do grunge, e a sua popularidade abriu as portas a bandas como Soundgarden, Pearl Jam ou Alice in Chains.

E como non, despois de falar deles, e tan ben, disfrutemos coa sua música.



Kurt : "O disco titulase 'Nevermind' porque moita xente prefire olvidar ou dicir non importa antes que coller un spray de pintura o formar unha banda" (Kurt, New Musical Express, setembro 1991).

A descarga do disco. Disco

No hay comentarios:

Publicar un comentario