
A pesar de non ser a miña intención falar de política neste blog, hoxe vexome incapaz de quedar calado ante este libro. Porque como moi ben nos dí o autor, a indiferencia, o mal da nosa época, é a peor actitude que se pode ter.
O autor con 93 anos convertiuse na conciencia social en Francia cun libro de tan só 30 follas. Stephane Hessel membro da resistencia francesa, supervivinte dun campo de concentración, militante a favor da independencia arxelina e defensor da causa palestina é o eterno loitador. Ademáis é o único redactor vivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
Cando un home como este reclama un motivo de indignación para todos, hai que escoitalo. Porque como di el mesmo, os motivos poden parecer hoxe menos nítidos ou o mundo moi complexo, pero seguen ahí, na dictadura dos mercados, no trato os inmigrantes, nas minorías étnicas. "Buscade e atoparedes", "collede o relevo", "¡indignadevos!", "porque a peor actitude é a indiferencia, así perdedes un dos compoñentes esenciales do home: a facultade de indignación e o compromiso que conleva".
¡Indignadevos! Tratase hoxe de non sucumbir baixo o furacán destructor do consumismo voraz e da distracción mediática mentres nos aplican os recortes. ¡Indignadevos! Sen violencia. Digamos NON. Actuade. Para empezar, ¡Indignadevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario