domingo, 24 de julio de 2011

Santiago Apóstolo

Maña 25 de xulio celebrase o día do Santiago Apóstolo, día de Galicia e patrón de España. ¿Pero canto sabemos de quen foi Santiago e do porque da catedral?


Santiago, segun a biblia, foi un dos doce apóstolos de Xesucristo que se repartiron polo mundo para predicar. Santiago chegou o extremo máis occidental do mundo coñecido, a "Finis Terrae" e despois de vagar pola peninsula predicando, onde non lle foi moi ben, tan só puido conseguir sete seguidores. Tras o seu fracaso voltou a Xerusalen, onde pola persecución ós cristianos foi apresado, decapitado e prohibido o seu enterro.

Conta a lenda, que os seu discípulos, escondidos nas sombras da noite transportaron o corpo inerte do apóstolo ata a costa, onde o meteron nun sarcofago de mármore, e este nunha barca sen velas nin temón. Por gracia divina, (segun conta a lenda) a barca chegou a Gallaecia, remontou o río Ulla e chegou a Iria Flavia. Alí enterraron o sacófago no bosque de Liberum Donum.

Olvidada a tumba, ata que no ano 813 o eremita Pelayo viu un resplandor no campo onde se atopaba o sarcófago, iluminouse por unha estrela, feito que derivou no nome da cidade, Campus Stellae (Compostela). Pelayo avisou ó bispo de Iria Flavia, que ó desenterrar o sarcófago puido ler o nome do defunto escrito na lousa. Tras unhas exaustivas averiguacións por parte do bispo puido confirmar que se trataba do Apóstolo Santiago. Informaron dos feitos o rey Alfonso II que acudiu o lugar e proclamou o Apóstolo patrón do reino e mandou facer un santuario, que hoxe é a Catedral de Santiago.


A partir desta declaración, os milagres e aparicións sucederonse en Compostela, dando lugar a lendas que alentaban os peregrinos, que guiados polas estrelas, dirixianse dende calquer punto de Europa a visitar a tumba do apostolo e a arrepentirse dos seus pecados. Así foise trazando o camiño.

Dende o século XI Compostela convertiuse nun lugar de peregrinación do cristianismo europeo, e foi nos séculos XII e XIII onde a cidade tivo a sua época de maior esplendor, escribiuse o Codice Calixtino, a primeira guia para viaxeiros (recientemente roubado). O Papa Calixto II concedeu a iglesia compostelana o Pleno Xubileo do Ano Santo, e Compostela convertiuse na terceira cidade santa para o cristianismo xunto a Xerusalen e Roma.

Dende aquel momento cada vez que o día do Apóstolo coincide en domingo celebrase o Ano Santo, como moi ben nos explican os amigos de Mallando neste post.

No hay comentarios:

Publicar un comentario