miércoles, 12 de octubre de 2011

Recuperar datos dende un Live CD

Devido a un problema no meu Ubuntu no que non era capaz de cargar o sistema, por uns erros na partición do disco onde estaba instalado o Ubuntu, tiven que reinstalalo. Pero para non perder toda a información que tiña, tiven que buscar unha solución antes de formatear e perder todo.

Pois ben, despois de darlle moitas voltas, atopei unha boa solución para copiar esos datos impescindibles. Mediante un Live cd de Ubuntu (ou calquera outra distribución de Linux), accedese a partición onde temos instalado o noso sistema, para poder copiar os datos a un pen, a un disco externo ou a outra partición.

Pero neste intre (cando queremos copiar) podenos suxir un problema, que nos diga que pecisamos privilexios de administrador para copiar os datos, xa que nos no noso Ubuntu tiñamos un usuario con contraseña. O meu problema.

Para solucionalo, abrimos unha consola de comandos no mesmo Live cd e introducimos o seguinte comando para logearnos como root (ou administrador).

sudo -i

O intentar copiar novamente, xa logeado como root, volveme a saltar o mesmo erro, non teño privilexios de administrador. ¿Como o solucionamos?. Copiando os datos ou carpetas dende a consola de comandos mediante esta linea de comandos.

cp -r /directorio_queremos_copiar /direccion_onde_queremos_copiar

Onde "cp" é o comando para copiar e "-r" a opción para que nos copie o contido da carpeta seguido do directorio ou carpeta que queremos copiar e a dirección onde a vamos copiar. Por exemplo, queremos copiar toda a noca carpeta persoal en Ubuntu a un disco externo, fariamos o seguinte:

cp -r /media/nome_da_nosa_partición/home/nome_carpeta_persoal /media/nome_do_disco_externo

Tan so teriamos que esperar a que se copiaran os datos.

Por se non sabedes consultar o nome da vosa partición, abrides outra consola de comandos e facedes un "cd /media" seguido dun "ls" que vos mostrara os nomes das distintas particións, se inda tendes dudas, entrades nunha e volvedes a facer un "ls", ó ver o contido xa sabedes de que é esa partición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario