miércoles, 19 de octubre de 2011

Torre de Hércules

A Torre de Hércules é un faro romano situado na cidade da Coruña. Data do século I, o que a convirte no faro romano máis antigo do mundo inda en funcionamento. Cos seus 68 metros de altura é o segundo faro máis alto de España, por detras do Faro de Chipiona. No 2009 foi declarada Pratrimonio da Humanidade pola UNESCO.


Fai uns días visitando a Torre de Hércules, un amigo preguntoume se sabia a lenda da torre, pero existen varias lendas da formación da torre e da cidade, velaquí as máis coñecidas.

Unha delas é que Hércules fillo de Zeus chegou en barca as costas que rodean a torre, e que alí enterrou a cabeza do xigante Gerión tras vencelo en combate.

A mitoloxía di que «houbo un xigante Chamado Gerión, rei de Brigantium, que obligaba os seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluindo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Gerión nunha gran pelea. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coronou cunha gran antorcha. Cerca de este túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persona que chegou foi unha muller chamada Cruña, Hércules puxolle a cidade este nome»

Os historiadores identificaron a torre como o lugar onde puido estar situada a Torre de Breogán, unha torre mitolóxica que aparece na mitoloxia irlandesa (no Leabhar Ghabhála Érenn), e dende onde Ith fillo de Breogán puido avistar as costas de Irlanda. As sospeitas veñen polo topónimo Brigantium, nome que recibia a cidade da Coruña, e que é posible que derive de Breogán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario