martes, 2 de agosto de 2011

Versión VI: Knocking On Heaven's Door

Unha das miñas versións favoritas sen lugar a dubida é este "Knocking on Heaven's Door" composta polo gandisimo músico e poeta americano Bob Dylan para a película Pat Garrett y Billy The Kid de 1973.

Versiónada polo grupo de hard rock americano Guns N' Roses, coa sua formación orixinal. No seu cuarto álbum, Use Your Illusion II, grabaron unha versión desta canción chegando a ser máis coñecida a sua adaptación que a orixinal.

Inda que Dylan sexa o autentico autor deste fermoso tema, para o meu gusto a versión neste caso supera a orixinal, e non se pode falar dela sen escoitala.



E como non, para facer a comparación a orixinal de Bob Dylan http://youtu.be/cJpB_AEZf6U

No hay comentarios:

Publicar un comentario