Recientemente mostraronme unha fantástica forma de facer multiplicacións de varias cifras, de forma moi doada e rápida. Chamase a multiplicación Maia, e consiste en dibuxar lineas diagonales por cada díxito das cantidades a multiplicar, colocando en orde de esquerda a dereita e de arriba a abaixo o multiplicando, e de esquerda a dereita e de abaixo a arriba o multiplicador. Asi dito non hai quen o entenda, pero con só ver o video xa vos aclarades.
Unha estupenda forma de multiplicar e non perder demasiado tempo.
viernes, 11 de noviembre de 2011
jueves, 3 de noviembre de 2011
Electric Eye
Electric Eye é un temazo da banda bitánica de Hevay metal Judas Priest, publicada no disco Screaming for Vengeance en 1982.
Esta canción fala dun ollo eléctrico que vixia todo dende o espacio, espíando a xente, unha clara alusión a obra de George Orwell "1984" onde toda a sociedade estaba vixiada por un "Gran Irmán".
Un dos meus temas favoritos, co que descubrín a banda e que me enganchou.

lunes, 31 de octubre de 2011
Samhain
Nesta época na que a vispera do día dos Santos inocentes celebrase o Halloween, pola costume anglosaxona globaliza desmesuradamente. Costumes do halloween que moi ben nos explica Atryx no seu blog.
Pois ben o Samhain é unha festividade celta, na que na noite do 31 de outubro celebrase o fin da época de colleitas, e era considerado o inicio do novo Ano Celta. Deste punto parte a tradición anglosaxona do Halloween. Pero non podemos olvidar, que a nivel galego inda non fai moitos anos, tan so vos falo duns 30 ou 40 como moito, celebrabase en moitos pobos o Samhain, nesa época sen coñecemento da tradición anglosaxona e sen estar influenciada por ela.
A tradición nas nosas terras depende moito do lugar, pero o factor comun era a cabaza, que nalguns sitios tallabase e deixabase secar para usar como máscara, e noutros tan só se tallaba para facer unha pequena procesión con elas. Algo que a gran maioria descoñece, pero que se preguntades os vellos podedes ver que non todo ten que ser americanismos.

viernes, 28 de octubre de 2011
Cubo de Rubik
O Cubo de Rubik é un invento do escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernö Rubik que data de 1974 e que consiste nun rompecabezas mecánico, un cubo coas caras divididas en 9 cadrados do mesmo cor, e que se poden cambiar de posición. O obxetivo é colocar todos os cadrados do mesmo cor en cada cara do cubo.
O obxetivo de Ernö Rubik, lexos de construir un xoguete de entremento no que despois se convertiria, era o de axudar ós seus alumnos da facultade de arquitectura a obter unha mellor perspectiva visual en tres dimensións.
Inda que non foi pensado para ser un xogo, o seu éxito foi enorme a nivel mundial, xa que se estima que se venderon o redor de 400 millóns de cubos de rubik ou de imitacións. Cun mecanismo moi sinxelo que sorprende tanto mecanicamente, como pola complexidade das combinacions que se conseguen ó xirar as suas caras. Combinacións que dan un total de 43.252.003.274.489.856.000.
Existen moitas fórmulas para resolver as distintas situacións que se dan no cubo de Rubik, aquí as tendes para que practiquedes. Solucións

martes, 25 de octubre de 2011
Conectarse por wifi os servidores da FIC
Fai un par de días tiven a necesidade de conectame dende o meu portátil ós servidores da facultade de Informática de Coruña, xa que precisaba usar unha ferramenta que tan só estaba instalada nun dos laboratorios da FIC, laboratorio que estaba ó completo. Dado que os equipos da facultade teñen Windows e Ubuntu, mostrareivos como conectarse a calquera dos dous sistemas.
Para conectarme a miña conta de Ubuntu, dende o meu portatil (con Ubuntu instalado), usei o comando ssh, ademáis do meu nome de usuario e dun servidor en concreto (no meu caso o alba), todo xunto no seguite comando.
Para acceder a sesión de Windows tiven que usar o comando rdesktop para conectarme dende un escritorio remoto, neste caso tan só precisamos o comando e o servidor o que queremos conectarnos, xa nos logearemos máis tarde na nosa conta. O comando sería o seguinte.
O dicir o servidor alba01 quero dicir calquera deles, tan só cambiar polo servidor que precisemos.

$ ssh nome.usuario@alba01.cc.fic.udc.es
Para acceder a sesión de Windows tiven que usar o comando rdesktop para conectarme dende un escritorio remoto, neste caso tan só precisamos o comando e o servidor o que queremos conectarnos, xa nos logearemos máis tarde na nosa conta. O comando sería o seguinte.
$ rdesktop alba01W.cc.fic.udc.es
O dicir o servidor alba01 quero dicir calquera deles, tan só cambiar polo servidor que precisemos.
viernes, 21 de octubre de 2011
The Phantom of the opera
The Phantom of the opera é unha canción da banda inglesa de Heavy metal Iron Maiden do ano 1980. Este grupo é considerado un dos máis importates do rock e dos máis influintes da historia do Heavy metal xunto a Black Sabbath.
Gracias a esta banda, e o exito que conseguiu, logrou resucitar o Heavy metal do seu letargo a finales dos 70's, onde o punk era a música predominante nesa época en Gran Bretaña, devido en gran parte a situación social.
Un autentico temazo, dos máis valorados polos fans, e que nunca falta nos directos. Disfutadeo.

jueves, 20 de octubre de 2011
The lumberjack
Hoxe mostrovos unha canción máis que curiosa, poderiamos dicir peculiar. Seguramente teñades visto facer solos con moitismos intrumentos, pero ¿algunha vez vichedes facer un solo cunha motoserra?.
Pois inda que parece que toleo, a pregunta é en serio, xa que o grupo americano de hard rock e heavy metal The Jackyl é coñecido sobre todo pola canción Lumberjack, onde o vocalista ameniza a canción con solos dunha motoserra. Efectuados de maneira maxistral.
Asi contado pode que non vos chame a atención, ou que pensedes que é unha tonteria, pero a motoserra dalle unha enorme forza a canción, convertindoa nun bo tema, e sobre todo moi simpático.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)