miércoles, 11 de febrero de 2015

Mapa de Poñente GoT

Para todos aqueles que ledes Xogo de Tronos, achegovos un completo mapa de poñente, fundamental para situarse mentras te deleitas coa lectura dos libros.


Link imaxe completa

lunes, 29 de diciembre de 2014

Documental "It May Get Loud"

Que pasaría se xuntásemos a tres enormes guitarristas nunha habitación a falar de música. Isto é o que acontece neste xenial documental onde se xunta a Jimmy Page, Jack White e a The Edge.

viernes, 15 de marzo de 2013

Baba O'Riley na serie de House

Aquí podemos ver o actor Hugh Laurie no seu papel na serie House M.D., toleando co temazo Baba O'Riley dos britanicos The Who. Estupenda canción e xenial anaco da serie. Imperdible

Baba O Riley- House, M.d fanvid from George Michael on Vimeo.

sábado, 2 de febrero de 2013

Acordes para guitarra

Relación dos acordes entre as distintas notacións.
  • Nomenclatura latina:              DO       RE        MI        FA        SOL     LA      SI 
  • Nomenclatura inglesa:           C          D          E           F          G          A        B 

Acordes Maiores

Acordes Menores

Forma normal de mostrar os acordes nunha tablatura.

martes, 29 de enero de 2013

Chamabanlle Trinidad

Puro Spaghetti Western da man de Bud Spencer e Terence Hill, un clásico entre clásicos, cunha xenial banda sonora.



Máxica, entretida, hilarante, e imprescindible. Aquí a tendes completa. Disfrutadea!


jueves, 24 de enero de 2013

Como se fan os discos SSD

Neste interesante e curto video, podemos observar todo o proceso de fabricación dos discos SSD (solid state drive) en tan só 4 minutos. Dende a marca Crucial nos amosan todas as fases de fabricación e probas as que son sometidos os seus SSD, cunha pequena explicación de cada fase.




Via TuxyLinux

martes, 15 de enero de 2013

O problema da xestión da calidade - Philip Crosby

Philip Crosby, no seu libro "Quality is Free" ofrece unha irónica resposta a ¿que é a calidade?

"O problema da xestión da calidade no é o que a xente ignora acerca dela. O problema é o que creen saber...

A este respecto, a calidade ten moito en común co sexo. Todo o mundo o quere (en certas condicións, dende logo). Todos sinten que o entendes (ainda cando non queiran explicalo). Todos pensan que a súa execución só é cuestión de seguir as inclinacións naturais (despois de todo, a xente arreglase dalgunha forma). E, dende logo, a maioría das persoas pensa que os problemas nestas areas os" provocan outras persoas (como se só elas se tomaran o tempo para facer as cousas ben)."

lunes, 14 de enero de 2013

Tabs guitarra acústica The Goodfather

Tabs para guitarra acústica da melodía principal da película de 1972 de Francis Ford Coppola, The Goodfather. Unha melodía fermosa, e recoñecible dende a primeira estrofa.


domingo, 18 de noviembre de 2012

Flash Mob durante a grabación de The Big Bang Theory

The Big Bang Theory é unha serie que se graba con público no plató. Durante o rodaxe do capitulo estreado esta semana, The Extract Obliteration, o número 6 da sexta temporada desta xenial seríe, sorprenderon a todos os asistentes con un Flash Mob no medio do rodaxe.

Foi a actriz Kaley Cuoco, que interpreta a Penny Penny Penny, a cabezilla desta grata sorpresa, onde de repente todo o reparto e equipo de grabación saen a bailar unha coreografía perfectamente coodinados, soando de fondo a canción Call Me Baby (de Carly Rae Jepsen).

Xenial a sorpresa final. Disfrutadeo.



Pero esta resulta non ser a única canción que bailan, dende a productora tan só se presentou o video do flash mob de Call Me Baby, pero dende aquí podedes velo xunto as imaxes grabadas polo público, dous minitos e medio máis de desfrute xD.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Reparando o ssh para conectarse os servidores da Fic

Hoxe recordamos unha entrada de fai uns cantos meses, na que comentabamos como conectarse por ssh ós servidores da FIC. Pois se algunha vez probachedes pode que despois duns cantos intentos facendo todo con nomalidade, de repente un día vos dé este erro.

@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
WARNING: REMOTE HOST IDENTIFICATION HAS CHANGED!
@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
IT IS POSSIBLE THAT SOMEONE IS DOING SOMETHING NASTY!
Someone could be eavesdropping on you right now (man-in-the-middle attack)!
It is also possible that the RSA host key has just been changed.
The fingerprint for the RSA key sent by the remote host is
........................................................
Please contact your system administrator.
Add correct host key in /home/user/.ssh/known_hosts to get rid of this message.
Offending key in /home/user/.ssh/known_hosts:8
RSA host key for server has changed and you have requested strict checking.
Host key verification failed.

Pois ben, non vos preocupedes, é un erro moi común que neste caso en concreto débese ó cambio ou actualización da clave pública do host, diferente a que vos tendes gardada no voso equipo. Pode que noutros casos, este fallo debase a que alguén esté facendo algo "NASTY" como nos informa o ssh, podemos estar sufrindo un ataque "Main in the Middle".

Pero como supostamente confiamos nos servidores da Fic, e que o cambio da clave probén deles mesmos e non dun terceiro. A solución é tan sinxela como acceder dende a nosa carpeta persoal ó directorio /.ssh/ (,é unha carpeta oculta, podemos mostrala con Ctrl + H ou editando as preferencias da carpeta), e nese directorio eliminar o arquivo known_hosts co que despois teriamos que volver a permitir a conexión ssh.

No lugar de borrar o arquivo, tamen podemos editalo para borrar tan só a clave pública, pero eso depende de vos.
Por exemplo se a clave está na linea 8 podemos facelo así.
$ ex -c “8d|x” ~/.ssh/known_hosts


jueves, 19 de enero de 2012

Intro dos Simpsons

A pesar de que neste ano 2012 moita xente está preocupada polo "suposto" fin do mundo, creo que existe unha preocupación maior, ou polo menos máis certa, o posible fin desta maravillosa serie de debuxos, os Simpsons. Problemas económicos e falta de audiencia e o que argumenta a Fox para non poder continuar producindo a serie no seu modelo económico actual, despois de que os actores que poñen as voces os persoaxes rexeitaran a proposta de reducirse o salario un 45%.

Esperemos que tan só quede como unha mera anécdota e non se confirme o fin desta xenial serie, que inda despois de 23 anos siguenos sorprendendo capítulo a capítulo. Unha boa mostra o comenzo co capítulo 20 da vixésimo primeira temporada.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Moi bo Nadal!!

Nestas datas de festas e celebracións me llena de orgullo e ilusión quero desexarvos moi bo Nadal e boas festas, e como non pode ser doutra forma neste blog, mediante un bó tema de rock. Neste caso, unha panxoliña a cargo de Twisted Sister, grupo de glam metal americano que no 2006 fixeron un disco completo de panxoliñas. E a pesar do que poida parecer, e un disco máis que recomendable.

Dende aquí desexamosvos con este temazo que o pasedes moi ben. Unha aperta.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Foo Fighters Back and Forth

Aumentamos as nosas entradas de documentais, acercandovos este magnifico documental onde se fala de Foo Fighters, dende os inicios de Dave Grohl na música e os seu intento de construir un grupo tras a traxica morte de Kurt Cobain, ata este mesmo ano co lanzamento do ultimo disco da banda americana.


Un documental imprescindible para todos aqueles amantes do rock, que comenza enmarcandonos na música grunge dos anos 90 e nos leva por todas as vivencias do grupo, ata convertirse no que é hoxe en día, un dos mellores grupos de rock en activo. Liderados por un impresionate Dave Grohl.

viernes, 9 de diciembre de 2011

Foo Fighters "I should have known"

No ultimo disco da banda americana de rock Foo Fighters, chamado Wasting Light aparece este bo tema da banda, "I Should Have Known".

Do tema destaca enormemente o videoclip, onde os músicos aparecen imitando a estética dos primeiros anos dos Beatles. Coidando ata o ultimo detalle, senon fixadevos no bombo do batería, o mesmo estilo de letra, eso si distinto nome. Todo nun tono sepia para recordar os vellos tempos.

Tan só lles falta copiar os instrumentos, botase de menos o baixo de McCartney. E falando de instrumentos, atentos a guitarra-baixo de doble mástil que se gasta o guitarrista Pat Smear.



Graciñas Adri!

viernes, 11 de noviembre de 2011

Multiplicación maia

Recientemente mostraronme unha fantástica forma de facer multiplicacións de varias cifras, de forma moi doada e rápida. Chamase a multiplicación Maia, e consiste en dibuxar lineas diagonales por cada díxito das cantidades a multiplicar, colocando en orde de esquerda a dereita e de arriba a abaixo o multiplicando, e de esquerda a dereita e de abaixo a arriba o multiplicador. Asi dito non hai quen o entenda, pero con só ver o video xa vos aclarades.

Unha estupenda forma de multiplicar e non perder demasiado tempo.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Electric Eye

Electric Eye é un temazo da banda bitánica de Hevay metal Judas Priest, publicada no disco Screaming for Vengeance en 1982.

Esta canción fala dun ollo eléctrico que vixia todo dende o espacio, espíando a xente, unha clara alusión a obra de George Orwell "1984" onde toda a sociedade estaba vixiada por un "Gran Irmán".

Un dos meus temas favoritos, co que descubrín a banda e que me enganchou.

lunes, 31 de octubre de 2011

Samhain

Nesta época na que a vispera do día dos Santos inocentes celebrase o Halloween, pola costume anglosaxona globaliza desmesuradamente. Costumes do halloween que moi ben nos explica Atryx no seu blog.

Pois ben o Samhain é unha festividade celta, na que na noite do 31 de outubro celebrase o fin da época de colleitas, e era considerado o inicio do novo Ano Celta. Deste punto parte a tradición anglosaxona do Halloween. Pero non podemos olvidar, que a nivel galego inda non fai moitos anos, tan so vos falo duns 30 ou 40 como moito, celebrabase en moitos pobos o Samhain, nesa época sen coñecemento da tradición anglosaxona e sen estar influenciada por ela.


A tradición nas nosas terras depende moito do lugar, pero o factor comun era a cabaza, que nalguns sitios tallabase e deixabase secar para usar como máscara, e noutros tan só se tallaba para facer unha pequena procesión con elas. Algo que a gran maioria descoñece, pero que se preguntades os vellos podedes ver que non todo ten que ser americanismos.

viernes, 28 de octubre de 2011

Cubo de Rubik

O Cubo de Rubik é un invento do escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernö Rubik que data de 1974 e que consiste nun rompecabezas mecánico, un cubo coas caras divididas en 9 cadrados do mesmo cor, e que se poden cambiar de posición. O obxetivo é colocar todos os cadrados do mesmo cor en cada cara do cubo.


O obxetivo de Ernö Rubik, lexos de construir un xoguete de entremento no que despois se convertiria, era o de axudar ós seus alumnos da facultade de arquitectura a obter unha mellor perspectiva visual en tres dimensións.

Inda que non foi pensado para ser un xogo, o seu éxito foi enorme a nivel mundial, xa que se estima que se venderon o redor de 400 millóns de cubos de rubik ou de imitacións. Cun mecanismo moi sinxelo que sorprende tanto mecanicamente, como pola complexidade das combinacions que se conseguen ó xirar as suas caras. Combinacións que dan un total de 43.252.003.274.489.856.000.

Existen moitas fórmulas para resolver as distintas situacións que se dan no cubo de Rubik, aquí as tendes para que practiquedes. Solucións