viernes, 29 de julio de 2011

Cubeecraft, bonecos recortables

Fai uns poucos días pasaronme unha paxina un tanto curiosa, xa que descargas que ofrecia eran imaxes de bonecos recortables, visto asi non é que chame moito a atención, pero despois de vistos hai que recoñecer que molan.

Os bonecos recortables que ofrece a páxina, cubeecraft.com, están sacados todos de películas, series, debuxos, videoxogos e demáis compoñentes do universo geek. Tan solo é preciso descargar a imaxe, imprimila, recortala e montala, sen necesidade de pegamento. Un desafio a vosa maña coas tesoiras.

Unha pequena mostra algo descolorida por falta de tinta.


Ben doado, inda que se o voso é comenzar duro, sempre podedes escoller un clásico :).



Gracias a @charlielocke9 pola recomendación.

jueves, 28 de julio de 2011

Disco recomendable IV: A night at the Opera

A night at the Opera publicado en 1975 é o cuarto álbum de estudio da banda britanica de rock Queen, formada en 1971 polo guitarrista Brian May, o cantante Freddie Mercury e o batería Roger Taylor, e coa incorporación do baixista John Deacon o ano seguinte. Consideraselles unha banda dunha gran influencia no desenvolvemento do hard rock e do heavy metal. A sua actuación no conceto de Live Aid en 1985 considerase a mellor actuación de Rock da historia.

Mediante este disco a banda conseguiu o exito a nivel mundial. O disco toma o nome da película dos irmáns Marx Unha noite na ópera. Foi nomeado o decimo terceiro mellor disco da historia pola cadea de televisión Channel 4. Sempre asociado a canción Bohemian Rhapsody, tema que presenta unha estructura inusual, máis similar a unha rapsodia clásica que a unha canción de rock. A canción non ten estribillo e consta de seis seccións: a introducción a capela, unha balada, un solo de guitarra, un segmento operístico, unha sección de rock e unha coda que retoma o tempo e a tonalidade da balada.

Unha canción fermosa e un autentico espectáculo músical de disco co cal é imposible quedarse indeferente. Sen máis disfrutade dela.



Para que coñezaces máis sobre o disco, deixovos enlazados os videos do documental de Queen sobre o disco A night at the Opera, moi recomendados, case un delito perdelos:

Parte 1: http://youtu.be/j5fBFV_LO3k
Parte 2: http://youtu.be/joi21nEODrA
Parte 3: http://youtu.be/gPbMq-4Gnvk
Parte 4: http://youtu.be/L7jz4KWi5rM
Parte 5: http://youtu.be/0eSc4XN4Lgk

E como non a descarga do disco en MegaUpload: A night at the Opera

miércoles, 27 de julio de 2011

Distribucións de Linux

Un dos maiores problemas ó introducirse no mundo Linux é a elección da distribución que mellor se adapte a nos. Para comenzar, o mellor é explicar que é unha distribución Linux (distro), é un sistema operativo de núcleo Linux(caracteristica común de todas) que inclue determinados paquetes de software para satisfacer as necesidades dun grupo de usuarios.


Linux está basado en software libre, o que implica que pode ser copiado, modificado e distribuido, precisamente por esto existen tantísimas distribucións de Linux, porque calquera usuario ou comunidade de usuarios cos coñecementos necesarios pode desenvolver e crear a sua distribución. Nombralas todas seria moi complicado, mellor vos queda un enlace a lista de distribucións Linux.

Os novatos solucionamos o problema da elección moi facil, eleximos Ubuntu, moitas veces por descoñecemento do resto de distribucións, e outras porque é a máis doada de usar por xente que está comenzando neste mundo do software libre.

¿Pero que hai do resto de distribucións?, ¿podemos comenzar en Linux nunha distribución que non sexa Ubuntu?

Pois ben, non todas as distribucións son adecuadas para comenzar con elas, xa que a complicación que implican poden facernos desistir das nosas andanzas en software libre.

As mellores distribucións de Linux para comenzar segun a información que puiden recopilar son as seguintes, inda que algun de vos poida disentir. Non todas son moi coñecidas, pero si que teñen aspectos que nos facilitan un primeiro contacto con Linux.


Linux Mint basada en Debian e Ubuntu, é un sistema operativo moi estable, moi doado de instalar e usar, con moitísimas aplicacións, ideal para un primeiro contacto con Linux. Os desarrolladores pretenden que sexa a segunda máis usada. Con menús moi intuitivos, e moitas ferramentas graficas para mellorar a usabilidade. Paxina Web


Ubuntu a distro máis coñecida de Linux e a máis usada, e coa que foi capaz de cambiar a idea de moita xente que pensaba que Linux era complicado, moi doado de instalar e de usar. Combina flexibilidade, estabilidade e solidez, basada en Debian, dispón de moitísimos paquetes de software. Actualizase a versión cada seis meses. Ideal para comenzar con Linux. Paxina Web


OpenSUSE distribución moi solida que procede da liberación da versión para empresas SUSE, sirve como escritorio e servidor, e é unha moi boa forma de comenzar de forma sinxela e aprendendo moito. A maior virtude desta distro é a sua aplicación máis famosa, a Yast2, unha ferramenta que permite realizar actualizacións, configurar a red e o cortafogos, administrar usuarios, e máis opcións integradas nunha interfaz amigable. Paxina Web



Fedora unha das distro máis robustas e lonxevas basada en Red Hat. Combina potencia, inovación e usabilidade, tanto para usuarios avanzados como para os que están comenzando. Ideal para estudantes como para xente involucrada en informática. Paxina Web



Mandriva amigable e moi solvente, contén unha selección dos mellores programas, e é ideal como centro multimedia, orientada tanto para escritorios como para servidores é unha distribución para todos os públicos. Conta con moi boas ferramentas e software. Tal vez algo esixente en canto a requisitos. Paxina Web


Estas a grandes rasgos son as máis doadas para comenzar. Inda que OpenSUSE, Fedora e Mandriva se poidan usar como primeiro contacto, poderiamos consideralas como un escalafón intermedio. Pero se queremos adentrarnos un pouquiño maís neste apaixoante mundo podemos empregar estas outras distribucións, que xa nos requeriran máis coñecementos para poder manexalas como é debido:



Debian sistema operativo maduro, moi estable e moi modificable. As versións de Debian saen xa moi probadas, impera a estabilidade antes que as innovacións, moi adecuado para servidores, pero require certos coñecementos para usalo. Dispón de moitisimos paquetes de software e moitisima xente traballando no seu desenvolvemento. Paxina Web


Slackware é a distribución de Linux máis antiga inda en vigor. Simple, estable e segura, ten unha instalación sinxela, inda que para os novos nestes temas pode ser complexa, e ten un sistema de xestión de paquetes basado en menús. Utiliza un instalador de texto (nada de gráfico), e obliga o usuario a que se implique máis no coñecemento da máquina. Seria a distribución máis purista de Linux, onde non hai facilidades de cara o usuario. Paxina Web


Ata aquí as máis coñecidas e usadas, se podedes probade, pero sobre todo non teñades medo a investigar, como moito perderedes unhas horas nas instalacións.

Un bó consello, se podedes utilizade as versións LiveCD das distribucións, asi poderedes facer algunha pequena proba do sistema sen ter que instalalo.

martes, 26 de julio de 2011

¡Indignadevos!


A pesar de non ser a miña intención falar de política neste blog, hoxe vexome incapaz de quedar calado ante este libro. Porque como moi ben nos dí o autor, a indiferencia, o mal da nosa época, é a peor actitude que se pode ter.

O autor con 93 anos convertiuse na conciencia social en Francia cun libro de tan só 30 follas. Stephane Hessel membro da resistencia francesa, supervivinte dun campo de concentración, militante a favor da independencia arxelina e defensor da causa palestina é o eterno loitador. Ademáis é o único redactor vivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.

Cando un home como este reclama un motivo de indignación para todos, hai que escoitalo. Porque como di el mesmo, os motivos poden parecer hoxe menos nítidos ou o mundo moi complexo, pero seguen ahí, na dictadura dos mercados, no trato os inmigrantes, nas minorías étnicas. "Buscade e atoparedes", "collede o relevo", "¡indignadevos!", "porque a peor actitude é a indiferencia, así perdedes un dos compoñentes esenciales do home: a facultade de indignación e o compromiso que conleva".

¡Indignadevos! Tratase hoxe de non sucumbir baixo o furacán destructor do consumismo voraz e da distracción mediática mentres nos aplican os recortes. ¡Indignadevos! Sen violencia. Digamos NON. Actuade. Para empezar, ¡Indignadevos!

lunes, 25 de julio de 2011

Versión V: Daft Punk pola Trinity Orchestra

Daft Punk é un duo de música electronica formado polos franceses Homem-Christo e Thomas Bangalter, alcanzou gran popularidade co estilo House a finales dos 90 e continuou os anos seguintes usando un estilo algo máis tecno pop.

Coñecidisimos polos seus traxes en forma de robot e os seus excentricos concertos e videoclips onde mezclan elementos visuais coa música.

Hoxe mostrovos unha versión dun tema deles pola Trinity Orchestra, orquesta integrada por alumnos do Tinity College, a universidade de Dublín. Moi boa versión, inda que para o meu gusto o cantante era mellorable, o resto da orquesta xenial.



Deixovos o enlace a canción orixinal por se queredes comparar, e moitas gracias a Félix pola recomendación. http://youtu.be/y2fHQs_HG6Y

domingo, 24 de julio de 2011

Santiago Apóstolo

Maña 25 de xulio celebrase o día do Santiago Apóstolo, día de Galicia e patrón de España. ¿Pero canto sabemos de quen foi Santiago e do porque da catedral?


Santiago, segun a biblia, foi un dos doce apóstolos de Xesucristo que se repartiron polo mundo para predicar. Santiago chegou o extremo máis occidental do mundo coñecido, a "Finis Terrae" e despois de vagar pola peninsula predicando, onde non lle foi moi ben, tan só puido conseguir sete seguidores. Tras o seu fracaso voltou a Xerusalen, onde pola persecución ós cristianos foi apresado, decapitado e prohibido o seu enterro.

Conta a lenda, que os seu discípulos, escondidos nas sombras da noite transportaron o corpo inerte do apóstolo ata a costa, onde o meteron nun sarcofago de mármore, e este nunha barca sen velas nin temón. Por gracia divina, (segun conta a lenda) a barca chegou a Gallaecia, remontou o río Ulla e chegou a Iria Flavia. Alí enterraron o sacófago no bosque de Liberum Donum.

Olvidada a tumba, ata que no ano 813 o eremita Pelayo viu un resplandor no campo onde se atopaba o sarcófago, iluminouse por unha estrela, feito que derivou no nome da cidade, Campus Stellae (Compostela). Pelayo avisou ó bispo de Iria Flavia, que ó desenterrar o sarcófago puido ler o nome do defunto escrito na lousa. Tras unhas exaustivas averiguacións por parte do bispo puido confirmar que se trataba do Apóstolo Santiago. Informaron dos feitos o rey Alfonso II que acudiu o lugar e proclamou o Apóstolo patrón do reino e mandou facer un santuario, que hoxe é a Catedral de Santiago.


A partir desta declaración, os milagres e aparicións sucederonse en Compostela, dando lugar a lendas que alentaban os peregrinos, que guiados polas estrelas, dirixianse dende calquer punto de Europa a visitar a tumba do apostolo e a arrepentirse dos seus pecados. Así foise trazando o camiño.

Dende o século XI Compostela convertiuse nun lugar de peregrinación do cristianismo europeo, e foi nos séculos XII e XIII onde a cidade tivo a sua época de maior esplendor, escribiuse o Codice Calixtino, a primeira guia para viaxeiros (recientemente roubado). O Papa Calixto II concedeu a iglesia compostelana o Pleno Xubileo do Ano Santo, e Compostela convertiuse na terceira cidade santa para o cristianismo xunto a Xerusalen e Roma.

Dende aquel momento cada vez que o día do Apóstolo coincide en domingo celebrase o Ano Santo, como moi ben nos explican os amigos de Mallando neste post.

sábado, 23 de julio de 2011

Disco recomendable III: Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band


Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band publicado en 1967 é o octavo disco da banda inglesa The Beatles. Banda de Rock formada en Liverpool en 1960 formada por John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, é considerada como a banda máis exitosa e aclamada da historia.

Este álbum é citado pola crítica como unha das mellores obras dos Beatles e un dos discos máis influintes da historia, ocupando o primeiro posto da lista dos 500 mellores ábums de todos os tempos pola revista Rolling Stone.

Nas 13 cancións do álbum levase o límite o concepto do rock, agregando orquestacions, instrumentos hindús, grabacións tocadas o revés e sons de animais. Rock, music hall, baladas, jazz e ata música oriental mezclaronse na realización do disco.


O albúm destacaba tanto pola sorprendente música como pola portada na que os catro Beatles aparecian disfrazados de sarxentos, diante dun collage de rostros célebres entre os que se atopaban Marilyn Monroe, Marlon Brando, Edgar Allan Poe, Aleister Crowley, Bob Dylan ou Karl Marx. Ademáis foi o primeiro disco que se vendeu coas letras das cancións impresas por petición expresa dos músicos.

Parecen razóns suficientes para escoitalo, de aperitivo "A Day in the Life", disfrutade.



Por se sodes curiosos, a lista completa das imaxes da portada.

O disco en descarga. Disco