miércoles, 6 de julio de 2011

Dragon Ball en Galego

Dragon Ball é un manga que naceu no ano 1986, e que uns anos despois nos chegou a nos convertido en anime e emitido en maio de 1988 pola televisión de galicia integramente en galego. Foi o primeiro lugar de España onde se emiteu, e debido o exito comenzou a emitirse en outras autonomicas.



Para min, supoño que para moitos de vos tamen, As bolas do dragón só ten sentido en galego, e despois de tantas horas de disfrute no Xabarín Club, non teria sentido velo agora noutro idioma.

Pois ben, fai uns meses tiven ganas de volver a ver algun que outro episodio dos primeiros, de "As Bolas do Dragón", e non recordo moi ben como atopeinos, asique para o voso disfrute deixovos o enlace de onde conseguín a primera temporada de Dragon Ball, que se compón de 153 capitulos en descarga dende megaupload. Enlace Dragon Ball

Persoalmente das series de Dragon Ball a que máis me gusta é a primeira, pero como para gustos cores, deixovos tamen os enlaces para baixar Dragon Ball Z e Dragon Ball GT, nas mesmas condicións.

Para finalizar a entrada, que mellor forma que facelo co inicio da serie en galego.

2 comentarios:

  1. Que gran serie! O que daría por volver a esas tardes con Songoku e co bocata de nocilla sen pestanexar jeje

    ResponderEliminar
  2. Xa che digo! e sobre todo o de poñerse a ver os debuxos sen preocuparse por nada xD

    ResponderEliminar